Betancuria
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
| Provincia | Las Palmas | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 801 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 103,64 km² | ||||
| Bañado por | Océano Atlántico | ||||
| Altitude | 395 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Marcelino Cerdeña Ruiz (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 35637 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 35007 | ||||
| Sitio web | aytobetancuria.org | ||||
Betancuria é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas. Está situado na costa oeste da illa de Fuerteventura.
Historia
[editar | editar a fonte]O seu nome débese ao normando Jean de Bethencourt, quen a fundou xunto con Gadifer de la Salle en 1404. O val de Betancuria foi o primeiro asentamento da illa. Desde a conquista, Betancuria converteuse na capital e sede de diversos órganos de goberno, relixiosos e administrativos (cabido, xulgados etc.).
En 1593 foi practicamente arrasada por unha invasión berberisca, sendo destruída a Igrexa Catedral de Santa María de Betancuria, aínda que foi reconstruída anos despois.
A partir do século XIX, Betancuria foi perdendo progresivamente poder a favor doutros núcleos de poboación (grazas ao seu desenvolvemento económico), como Pájara, La Oliva, Antigua ou Puerto de Cabras. Finalmente en 1834 perdería a capitalidade da illa.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]
Na ermida de Vega de Río Palmas atópase a imaxe da Nosa Señora da Pena, patroa de Fuerteventura. En setembro celébrase unha romaría na súa honra, de gran participación popular. Outro núcleo de poboación constitúeo o Valle de Santa Inés, onde se atopa a Ermida de Santa Inés, construída pouco logo da conquista.
A vila conta ademais cun Museo de Arte Sacra e o Museo Arqueolóxico e Etnográfico.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Betancuria |
