Abuja
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Nixeria | |||
| Estado federado | Territorio da Capital Federal de Nixeria | |||
| Capital de | ||||
| Contén a división administrativa | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 1.693.400 (2022) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 713.000.000 m² | |||
| Altitude | 360 m | |||
| Creación | 1828 | |||
| Organización política | ||||
| Membro de | ||||
| Identificador descritivo | ||||
| Fuso horario | ||||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | fcta.gov.ng | |||
Abuja é a capital do estado federal africano de Nixeria, que substituíu a antiga capital, Lagos, oficialmente desde 1992. A súa poboación en 2005 era de 182 418 habitantes, mais a súa área metropolitana estímase que se achega a 1 500 000 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]
A cidade de Abuja está situada no centro xeográfico do país, ao norte da confluencia dos ríos Nixer e Benue, a uns 480 km ao nordeste de Lagos, a anterior capital. O seu territorio limita cos estados de Níxer polo oeste; Kaduna polo nordeste, Plateau polo leste e o polo sur; e con Kogi polo suroeste.
Historia
[editar | editar a fonte]
En 1976 acordouse trasladar a capital federal desde Lagos, para o que se escolleu un territorio no centro do país. Abuja converteuse na nova capital no 1982, mais o recoñecemento oficial non tivo efectividade até o 1992. A cidade está no centro do denominado Territorio da Capital Federal (TEC). Administrativamente está dividido en seis distritos: Central, Abaji, Gwagwalada, Kuye, Bwari e Kwali.
Monumentos
[editar | editar a fonte]A cidade foi construída no asentamento dun pequeno núcleo urbano anterior. A nova capital foi proxectada polo arquitecto xaponés Kenzo Tange e os seus colaboradores, que actuaron a través da empresa Kenzo Tange & Urtec. As obras comezaron en 1976 e continúan na actualidade, con fases alternas de inactividade, a causa de escaseza de medios de financiamento.
Economía
[editar | editar a fonte]Desde un punto de vista económico a cidade carece de actividades destacables, pois é sobre todo unha urbe administrativa. É a sede da Universidade de Abuja, fundada en 1988.
Transportes
[editar | editar a fonte]O Aeroporto de Abuja é o segundo do país polo seu movemento aéreo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abuja |
