Porto Novo
Coordenadas: 6°29′00″N 2°37′00″L / 6.4833333333333, 2.6166666666667
Porto Novo | |
---|---|
![]() | |
Mercado de Ouando. | |
Localización | |
País | ![]() |
Departamento | Ouémé |
Comuna | Porto Novo |
Xeografía | |
Altitude | 38 msnm |
Superficie | 110 km² |
Demografía | |
Poboación | 264.320 hab. (2013) |
Densidade | 2402 hab/km² |
Outros datos | |
Páxina oficial de Porto Novo |
Porto Novo,[1] Porto-Novo[2][3] ou Portonovo,[4] oficialmente Porto-Novo e tamén coñecido como Hogbonou e Adjacé, é a capital oficial da Benín. É un porto sito nun entrante do golfo da Guinea, na parte suroriental do país. Porto Novo é a segunda cidade máis grande de Benín, detrás de Cotonou, porén supéraa en importancia cultural e política. O transpaís de Porto Novo produce aceite de palma, algodón e kapok. Nos anos 1990 foi descuberto petróleo en augas fóra da costa, produto que se converteu nun importante motor das exportacións.
Historia[editar | editar a fonte]
Porto Novo foi probabelmente fundada a finais do século XVI polo pobo Gun. O actual nome foille dado polos portugueses, que aquí construíran unha feitoria no século XVII, con propósito de exportar escravos africanos para as Américas. O Reino de Porto Novo aceptou a protección francesa en 1863, como forma de rebater a intrusión británica. Porén, a presenza francesa non foi ben acollida polo veciño Reino de Abomey, o que resultou en guerra. En 1883, a mariña francesa desembarcou en Porto Novo e Cotonou, tendo Porto Novo sido incorporada á colonia francesa de Daomei, da cal se tornou capital en 1900. Varios anos despois da independencia, Dahomei trocou o nome para Benín.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Criterios para o uso da lingua (PDF). Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 05 de xaneiro de 2016.
- ↑ Diciopedia do século 21. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. ISBN 9788482893600.
- ↑ Santa María, Inés; Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. ISBN 978-84-8289-328-0.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. ISBN 84-8158-266-2.