Carolina Darias
Carolina Darias | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Carolina Darias San Sebastián |
Nacemento | 25 de novembro de 1965 |
Lugar de nacemento | As Palmas de Gran Canaria |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de La Laguna |
Ocupación | política e xurista |
Na rede | |
http://carolinadarias.es/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carolina Darias San Sebastián, nada nas Palmas de Gran Canaria o 25 de novembro de 1965, é unha funcionaria de carreira e política canaria do Partido Socialista Obrero Español, ministra do Goberno de España.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en Dereito pola Universidade de La Laguna. É funcionaria do Goberno das Canarias e está afiliada ao Partido Socialista das Canarias desde 1996.
Foi concelleira das Palmas de Gran Canaria de 1999 a 2004, Subdelegada do Goberno na Provincia das Palmas de 2004 a 2007, deputada no Parlamento das Canarias de 2007 a 2008, Delegada do Goberno nas Canarias de 2008 a 2011, conselleira do Cabido de Gran Canaria de 2011 a 2015, Presidenta do Parlamento das Canarias de 2015 a 2019 (sendo a primeira muller na historia dese cargo) e Conselleira do Goberno Canario de 2019 a 2020.[1]
Foi Ministra de Política Territorial e Función Pública da XIV Lexislatura de España de 2020 a 2021. En xaneiro de 2021 mudou a carteira pola de Sanidade en substitución de Salvador Illa.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Excma. Sra. Diputada Carolina Darias San Sebastián" Parlamento de Canarias (en castelán).
- ↑ "Carolina Darias San Sebastián" lamoncloa.gob.es (en castelán).
Predecesor: Meritxell Batet |
![]() Ministerio de Política Territorial e Función Pública 2020 - 2021 |
Sucesor: Miquel Iceta |
Predecesor: Salvador Illa |
![]() Ministra de Sanidade Desde 2021 |
Sucesor: — |