Banjul
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Gambia | ||||
| Rexión | Gran Banjul | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 31.356 (2013) | ||||
| Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 12,2 km² | ||||
| Bañado por | Río Gambia e Océano Atlántico | ||||
| Altitude | 0 m | ||||
| Creación | 1816 | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Rohey Malick Lowe (2018–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 42 | ||||
| ISO 3166-2 | GM-B | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | banjulcity.gm | ||||
Banjul (a antiga Bathurst) é a capital de Gambia. Ten unha poboación de 34 125 habitantes (2007), aínda que coas zonas periféricas supera o medio millón (523 589 habitantes en 2003). Está situada sobre a illa de Banjul (antes illa de Saint Mary), no lugar onde o río Gambia desauga no océano Atlántico.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Banjul está localizada sobre unha illa areosa construída, ao longo do tempo, polos depósitos arrastrados polo río Gambia até a súa foz. A vexetación maior, espontánea, está constituída por baobabs e bambús.

O clima da cidade é de subtropical, con só unha estación chuviosa anual; as temperaturas son cálidas e estábeis ao longo de todo o ano. As medias mensuais non baixan dos 25 °C. O seu cálido clima durante todo o ano é debido ao deserto do Sáhara. O mes máis frío é agosto e o máis cálido é marzo.
| Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Media anual |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Media de máximas (°C) | 31 | 32 | 34 | 33 | 32 | 32 | 30 | 29 | 31 | 32 | 32 | 31 | 31,5 |
| Media de mínimas (°C) | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 23 | 23 | 23 | 23 | 22 | 18 | 16 | 19,4 |
Historia
[editar | editar a fonte]No 1816, os británicos fundaron Banjul como un posto commercial e como base para suprimir o comercio de escravos. O 18 de febreiro de 1965, a cidade converteuse en capital do país trala declaración de independencia da República de Gambia. Foi chamada Bathurst in honra de Henry Bathurst, secretario do Despacho Colonial. En 1973 o nome foi africanizado como Banjul, que en mandé significa "illa dos bambús".
O 22 de xullo de 1994, Banjul foi escenario dun golpe de Estado militar no que o Presidente Dawda Jawara foi derrocado, e mudado polo aínda actual Presidente do país, Yahya Jammeh.
Economía
[editar | editar a fonte]Banjul é a principal área urbana de Gambia, á par que é o centro económico e administrativo da nación. O traballo dos cacahuetes é a principal industria do país, e xunto con cera de abellas, madeira, aceite de palmeira e coiros, son os principais produtos que son exportados polo porto da capital.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Museo Nacional (National Museum), en Gloucester Street, expón coleccións sobre o período colonial e a historia recente de Gambia.
- Mercado de Albert.
- Casa Estatal
- Casa da Xustiza
- Dúas catedrais e varias mesquitas.
- Arco 22, construído como un portal de entrada á cidade. O arco é de 35 metros de altura e o centro dunha praza.
Cidadáns notábeis
[editar | editar a fonte]- Fatou Bensuda, política (n. 1961).
- Ebou Dibba, escritor (n. 1943).
- Mass Lowe, músico (n. 1969).
- Neneh MacDouall-Gaye, política (n. 1957).
- Lenrie Peters, poeta (n. 1932)
- Laba Sosseh, músico (1943−2007).
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Banjul |
