Yaoundé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 3°52′N 11°31′E / 3.867°N 11.517°E / 3.867; 11.517

Yaoundé
Yaoundé 1.jpg
Vista da cidade
Situación xeográfica
Yaoundé en Camerún
Yaoundé
Yaoundé
País Flag of Cameroon.svg Camerún
Provincia Centro
Departamento Mfoundi
Xeografía
Altitude 726 msnm
Superficie 304 km²
Poboación
Poboación 1.430.000 hab. (2005)
Densidade hab/km²
Información
Código postal
Alcalde
Páxina web

Yaoundé, alcumada a "cidade dos sete outeiros", é a capital de Camerún desde 1922. Poboada por 1.728.900 habitantes (2002), mais é tras Douala, a segunda cidade máis poboada do país. Tamén é a cabeza da provincia do Centro e máis do departamento du Mfoundi. Yaoundé acolle a maioría das institucións máis importantes do Camerún. Outro nome de Yaoundé é Ongola.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Xeografía física[editar | editar a fonte]

Yaoundé, situada no sur da provincia do Centro, érguese nun lugar de outeiros dominados polo monte Fébé, que culmina a 1.060 metros sobre o nivel do mar. Os seus diferentes barrios, diseminadoss de maneira caótica, deixan importantes espazos para a vexetación. A cidade está atravesada por pequenas correntes fluviais, entre os cales salientan os ríos Mfoundi, o Biyeme e máis o Mefou. Perto do centro administrativo de Yaoundé áchase o lago denominado lago Central.

Clima[editar | editar a fonte]

Yaoundé está sita a máis de 700 msnm, que adozan un pouco o clima tropical dominante. As temperaturas medias acadan os 23,3 °C de media anual. As precipitacións medias anuais atinxen os 1.617 mm. As estacións chuviosas corresponden aos meses de setembro-outubro e abril-maio.

Demografía[editar | editar a fonte]

A cidade de Yaoundé exténdese sobre unha área de 304 km². Alberga unha poboación estimada en 2002 próxima aos 2.000.000 de habitantes, o que elevaba a súa densidade a uns 5.691 hab/km² (CIPRE, 2002).

Historia[editar | editar a fonte]

Orixe e fundación[editar | editar a fonte]

O nome de Yaoundé procede, ao parecer, de " ongola " que significa "cerramento" ou "cerca", pois un dos primeiros resistentes á colonización, chamado Ombga Bissogo, díxolle a Essono Ela, que acollera os primeiros " blancos " en 1889, que non había que darlles terreo e que compría pechar as lindes da vila con axuda dunha cerca[1].

A capital foi resoltamente fundada o 30 de novembro de 1889 polo equipo [[:w:de:Kurt_von_Morgenvon Morgen]] de George Zenker e un tal Mebenga Mebono (logo chamado Martin Paul Samba), o seu guía. O primeiro nome de Yaoundé foi " Epsum ", é dicer " casa Essomba ", ou tamén " N’tsonum ", " casa Essono Ela ". Yaoundé fo desde a súa fundación un posto militar alemán nun dos outeiros (ewondo) da zona . Desenroluse mercé á actividade de comerciantes alemáns, que fixaron aquí a base para o comercio do marfín. Foi ocupada por tropas belgas, provenientes da colonia do Congo, durante a Primeira Guerra Mundial, antes de que pasase a ser un protectorado francés. Medrou con abondo vagar, pero acelerouse desde 1957 con o éxodo rural, que privilexiou a Douala, provocado pola crise do cacao e máis os disturbios internos que afectaron á mesma rexión de Douala.

As primeiras edificacións de Mvolyé datan de 1901 a 1907, mentres que o pazo de Charles Atangana de Efoulan foi construído entre 1904 e 1910, mais o edificio máis antigo da cidade está localizado detrás do ministerio de finanzas, perto do pequeno cemiterio alemán. Foi erguido polo maior Hans Dominik entre 1896 e 1899.

Administración[editar | editar a fonte]

O goberno, pola lei n° 87-15 de 15 de xullo de 1987, transformou Yaoundé nunha Comunidade Urbana (communauté urbaine) ou CUY. Con o novo réxime administrativo suprimíuse a función de alcalde en proveito dun Delegado do goberno, nomeado pola presidencia camerunesa.

A lei constitucional do 18 de xaneiro de 1996 modificou o réxime de Comunidade Urbana, qui segue dirixida por un delegado gubernamenta, mais que creou 6 comunas urbanas distritais dotadas de consellos municipais elixidos. Na actualidade Yaoundé conta con sete comunas distritais.

Economía[editar | editar a fonte]

Yaoundé é sobre todo unha ciaddae terciaria. Conta, porén, con industrias : cervexarías, aserradeiros, carpinterías, tabacaleiras, papeleiras, e máis manufacturas mecánicas e de materiais de construción.

O centro comercial[editar | editar a fonte]

O núcleo commercial principal de Yaoundé áchase no centro da cidade , arredor da avenida Kennedy. Atópanse nel almacéns e hipermercados, tendas, bares e restaurantes, despachos de empresas e vendedores ambulantes. Estes últimos son o sector informal, moi importante na economía cidadá. Os bancos agrúpanse nas cercanías do Pazo do Concello.

Os mercados[editar | editar a fonte]

Yaoundé posúe varios mercados. Os máiss vastos e máis coñecidos son : o Mokolo, o de Mfoundi e o central. Outros mercados son: o de Biyem-assi, Mendong, Nkol-Eton, Madagascar.

Universidades[editar | editar a fonte]

Yaoundé é a sede de 2 universidades públicas : a denominada Yaoundé I fica situada no barrio de Ngoa-Ekellé, mentres Yaoundé II érguese na Banlieue de Soa. Hai varias escolas superiores ligadas a estas universidades, como a Escola Nacional Superior Politécnica e a Escola Normal Superior (vencelladas á Universidade de Yaoundé I); o Instituto Internacional de Relacións Internacionais do Camerún, a Escola Superior de Ciencias e Técnicas da Información e da Comunicación (ESSTIC) (vinculadas á Universidade de Yaoundé II).

A ensinanza superior privada é importante en Yaoundé. Pódense citar en tal sentido a Universidade Católica da África Central, a Universidade de Yaoundé Sur ''Ndi Samba'' ou O Instituto Siantou Superior.

Transportes[editar | editar a fonte]

Autobuses en Yaoundé

Yaoundé está servida polo Aeroporto internacional de Yaoundé-Nsimalen. Dentro da cidade o medio de desprazamento público máis numeroso é o taxi, distinguíbeles pola súa cor amarela. Hai tamén liñas de buses que circulan polas principais rúas e avenidas da cidade.

Está atravesada polo ferrocarril, de xestión privada (o "transcamerounais") que liga Nkongsamba con Ngaoundéré, pasando por Douala. Diversas compañías de transporte privadas unen Yaoundé con outras provincias por medio de liñas de autobuses.

Turismo[editar | editar a fonte]

Lugares de interese ou monumentos dignos de visitarse en Yaoundé son :

  • O Museo Nacional, sito no centro da cidade.
  • O monumento á reunificación, nas cercanías do edificio da Asemblea Nacional.
  • O lago Central, no centro da cidade.
  • O monte Fébé.
  • O mercado de obras artesanais, situado no centro.
  • A edificación histórica da xefatura Ewondo, no barrio Efoulan.
  • O parque zoo-botánico de Mvog-Beti.
  • A catedral de Nosa Señora das Vitorias, no centro.
  • O santuario e a gruta mariana, no barrio Mvolyé.
  • O Centro Cultural Camerunés, no barrio Nlongkak.
  • O mercado Mokolo, onde se pode un impreganar do ambiente dun mercado tropical africano.
  • O monumento en honra a Charles Atangana, no centro da cidade.
  • O Pazo Municipal (hôtel de ville) e os monumentos do arredor.
  • O Museo da Arte Camerunesa e o mosteiro benedictino do monte Fébé.

Galería fotográfica[editar | editar a fonte]


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Porén outra historia, di que cando chegaron os alemáns, os nativos estaban a cultivar aráquidas, e os teutóns preguntaron que era aquilo; os cameruneses contestaron " Mia wondo ", mais os europeos, que non sentiron ben, denomináronos " yaundé ". Cfr., s.v. Yaoundé na wiki en francés. Como se pode imaxinar estas historias revisten todos os caracteres de etimoloxías populares, e carecen de valor filolóxico

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]



Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Yaoundé