Tejeda
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
| Provincia | Las Palmas | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.826 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 103,3 km² | ||||
| Altitude | 1.050 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Francisco Juan Perera Hernandez | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 35360 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 35025 | ||||
| Sitio web | tejeda.eu | ||||
Tejeda é un concello das Illas Canarias, na provincia das Palmas, no centro da illa de Gran Canaria. Segundo o INE, en 2013, o concello tiña unha poboación de 2028 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]No actual municipio desenvolveuse unha agrupación indíxena con centro no roque Bentayga, celeiro-fortaleza dende a que se controlaba a caldeira de Tejeda ao completo. Este lugar foi un dos últimos focos de resistencia durante as batallas que se libraron para a conquista da illa, soportando un asedio de varias semanas.
O municipio tivo saída ao mar ata o ano 1815, cando a parte sur do municipio se escinde administrativamente de Tejeda, pasando a formar un municipio independente coa denominación de Mogán.
A escaseza da auga para o regadío, foi unha dificultade para o crecemento económico, e o desenvolvemento dunha actividade agrícola que permitise o establecemento dun núcleo de poboación aínda maior. A forma xeolóxica do val permite que a auga recollida durante o inverno verta rapidamente en dirección oeste, cara ao municipio de La Aldea de San Nicolás pero a cota na que se encontra o pobo non permite un mellor aproveitamento da auga para os cultivos locais.
Demografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Poboación |
|---|---|
| 1991 | 2.361 |
| 1996 | 2.552 |
| 2001 | 2.400 |
| 2002 | 2.402 |
| 2003 | 2.351 |
| 2004 | 2.374 |
| 2006 | 2.286 |
| 2007 | 2.239 |
