Libreville
Coordenadas: 0°23′24″N 8°46′25.32″L / 0.39000, -8.7737000
Libreville | ||
---|---|---|
![]() | ||
Vista aérea da cidade | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Provincia | Estuaire | |
Distrito Capital | Libreville | |
Xeografía | ||
Altitude | 0 msnm | |
Demografía | ||
Poboación | 578.156 hab. (2005) | |
Densidade | hab/km² | |
Outros datos | ||
Alcalde | Rose Christiane Ossouka Raponda (PDG) | |
Páxina Oficial de Libreville |
Libreville é a capital do Gabón e o principal centro urbano do país. A súa poboación calculábase nuns 578.156 habitantes (2005). E tamén a capital do distrito do Estuaire.
A cidade é un porto á beira do río Gabón, na súa desembocadura no golfo da Guinea.
Clima[editar | editar a fonte]
O clima de Libreville é de tipo ecuatorial. A temperatura media anual é de 26 °C (a oscilación das maiores está entre 26 e 30 °C, mentres as máis baixas móvense entre os 22 e os 24 °C), e as precipitación alcanzan os 2.509,5 mm como media. A temporada seca comeza en maio e remata en setembro. O mes máis chuvioso é novembro con 373,4 mm, e o máis seco xullo cun 2,5 mm, como media.
Historia[editar | editar a fonte]
Foi fundada no ano 1843 como posto avanzado comercial nunha zona área naquela altura próxima dos Mpongwè. Os escravos liberados eran enviados á nacente cidade, polo que en 1848 a foi nomeada Libreville (en francés cidade libre).
Entre 1934 e 1946 foi o porto principal da África Ecuatorial Francesa.
Economía[editar | editar a fonte]
Libreville é un dos máis importantes centros do comercio de madeira (okumé especialmente) da África central. A zona industrial e portuaria atópase na periferia sur da cidade, no concello de Owendo. Acolle infraestruturas para minerais, portuarias e industriais. O porto de minerais exporta a produción de manganeso do Alto-Ogooué (Haut-Ogooué), que chegan a través do ferrocarril do Transgabonais. Para alén dos servizos centrais do Estado, a capital gabonesa agrupa numerosas actividades terciarias. En Mont-Bouët áchase o maior mercado do país con centenares de tendas de venda ao detall. Hai aínda dous grandes hipermercados, un denominado Mbolo ("bo día" nalgunhas linguas indíxenas) e o xigante Ceca.
Institucións educativas[editar | editar a fonte]
A Universidade Omar Bongo é o centro educativo superior máis importante do país. Libreville é tamén a sede da Escola de Administración e da Escola de Leis do Gabón.
Comunicacións[editar | editar a fonte]
Nas súas proximidades sitúase o Aeroporto internacional de Libreville, que acolle a sede da compañía aérea do país: Air Gabon.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Libreville ![]() |