Uagadugú
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.) |
Coordenadas: 12°22′07″N 1°31′39″O / 12.368611111111, -1.5275
Uagadugú | |
---|---|
![]() | |
Localización | |
País | ![]() |
Rexión | Rexión Centro |
Provincia | Kadiogo |
Xeografía | |
Altitude | 305 msnm |
Superficie | 219,3 km² |
Demografía | |
Poboación | 1.626.950 hab. (2012) |
Densidade | 6.727 hab/km² |
Outros datos | |
Alcalde | Casimir Marin Ilboudo (dende 2013) |
Páxina Oficial de Uagadugú |
Uagadugú[1] ou Ouagadougou á maneira francesa, denominada coloquialmente Uagá ou Ouaga, é a capital de Burkina Faso, sendo á vez a maior cidade do país, cunha poboación de 1,2 millóns de habitantes (2005), e aínda o centro cultural, económico e administrativo. Os habitantes de Ouagadougou son os Ouagalais (máis ou menos uagalé) ou Ouagavillois (uagavilluá).
A denominación orixinaria da cidade é «Woogrtenga» e «Wogodogo», que significa «aló onde se recibe honra, respecto».
Historia[editar | editar a fonte]
Uagadugú era o nome dun Estado fundado no século XI, do cal era capital Kombemtinga. Esta mesma cidade foi a capital do reino Mossi en 1441, sendo a residencia permanente do Mogho Naba (rei ou emperador dos mossis), que estaba no barrio de Samandin.
En 1919, durante a colonización francesa, o reino Mossi foi reagrupado con outros tres reinos, para formar a colonia do Alto Volta (Haute-Volta). Naquela altura a cidade de Kombemtinga foi rebautizada como Ouagadougou.
Tornouse capital da república do Alto Volta (Haute-Volta) en 1960, cando o país obtivo a independencia.
Clima[editar | editar a fonte]
O clima de Uagadugú é bastante cálido. A cidade forma parte da área saheliana, cunha pluviosidade media de 750 mm anuais. A estación chuviosa abrangue de maio a outubro, cunha media de temperaturas de 30 °C. A estación fría vai de decembro a xaneiro, atinxíndose mínimas medias de temperatura de 19 °C. As máximas medias de temperatura danse durante a estación cálida, que vai de abril a maio, podéndose alcanzar os 45 °C. O harmattan (un vento seco) e máis o monzón, son os factores principais que determinan o clima de Uagadugú.
Turismo[editar | editar a fonte]
Uagadugú dispón de ofertas culturais para nativos e visitantes. Cómpre destacar:
Museos[editar | editar a fonte]
- Museo de Kadiogo
- Museo Etnográfico
- Museo da Música
Monumentos de interese[editar | editar a fonte]
- Gran Mesquita
- Catedral
- Pazo dos Mogho Naba
- Monumento dos Cineastas
- Monumento aos Heroes Nacionais (en construción)
Comunicacións[editar | editar a fonte]
Está unida ao porto de Abidjan, en Costa do Marfil, por ferrocarril. Posúe un aeroporto internacional.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 21 de xuño de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Uagadugú |
![]() |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Uagadugú |