Luis Molowny

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuis Molowny
Biografía
Nacemento12 de maio de 1925 Editar o valor em Wikidata
Puerto de la Cruz, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de febreiro de 2010 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
As Palmas de Gran Canaria, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesel mangas Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1943 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1943-1944 Club Deportivo Tenerife
1944-1946 Club Deportivo Marino
1946-1957 Real Madrid Club de Fútbol 172(89)
1957-1957 Unión Deportiva Las Palmas 3(1)
1957-1958 Unión Deportiva Las Palmas 3(1) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1950-1955   España 7(2) Editar o valor em Wikidata
Participou en
1950Mundial de Fútbol Brasil 1950 Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0597257 FIFA: 54417 UEFA: 74980 Editar o valor em Wikidata

Luis Molowny Arbelo, nado en Santa Cruz de Tenerife o 12 de maio de 1925 e finado nas Palmas de Gran Canaria o 12 de febreiro de 2010, foi un futbolista e adestrador español.

Futbolista histórico do Real Madrid, militou durante máis dunha década no club, gañando nove títulos, entre eles tres ligas de Primeira División e as dúas primeiras edicións da Copa de Europa. Foi internacional coa selección española, coa que disputou o Mundial de 1950 no Brasil. Colgou as botas en 1958 na UD Las Palmas, club no que comezou ao mesmo tempo a súa carreira como adestrador. Dirixiu o equipo canario durante tres etapas e levouno a obter os mellores resultados da súa historia, incluído un subcampionato de liga na tempada 1967/68.

Adestrou brevemente a selección española e en 1971 ingresou de novo no Real Madrid, onde exerceu diferentes funcións, entre elas a de adestrador en catro etapas diferentes. Gañou un total de 8 títulos como técnico do club branco, entre eles tres ligas, dúas Copas do Rei e dúas Copas da UEFA consecutivas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Era fillo de Raúl Molowny, histórico futbolista do CD Tenerife na década de 1920 e que tiña ascendencia irlandesa. Iniciou a súa carreira no CD Vera e no Santa Cruz, da súa illa natal, pasando en 1943 ao Marino FC das Palmas de Gran Canaria. Con este equipo proclamouse campión canario dúas tempadas seguidas (1944/45 e 1945/46).

As súas actuacións chamaron a atención de varios clubs e en 1946 o FC Barcelona enviou en barco a Ricardo Cabot para negociar a súa fichaxe.[1] Pola súa banda, o presidente do Real Madrid, Santiago Bernabéu, viaxaba en tren de Valencia a Barcelona nesas datas e fixo unha parada en Reus, onde mercou un exemplar do xornal La Vanguardia, no que leu a noticia sobre a viaxe de Cabot. Buscou entón un teléfono e ordenou ao secretario técnico do club, Jacinto Quincoces, que collese inmediatamente un avión ás Canarias para contratar a Molowny. Quincoces obedeceu e nas illas viu xogar ao centrocampista, pero non quedou convencido do seu rendemento e informou a Bernabéu negativamente. O presidente do Real Madrid ordenou igualmente a súa contratación, que se pechou en 250.000 pesetas e un salario de 3000 pesetas mensuais.[2] Cando o emisario do Barcelona chegou á illa o futbolista xa formaba parte do Real Madrid.[1]

Real Madrid[editar | editar a fonte]

Tras completar o servizo militar, debutou co Real Madrid na Primeira División na 11ª xornada da tempada 1946/47, fronte ao FC Barcelona no estadio Metropolitano. Co marcador empatado a un gol, a falta de poucos minutos para o final, Molowny superou de cabeza ao gardameta Velasco, conseguindo así o gol da vitoria. Titular durante o resto da tempada, rematouna cun total de 15 goles e coa conquista da Copa do Xeneralísimo, despois de derrotar o Espanyol nunha final disputada no estadio de Riazor na que acabou expulsado xunto a Celma por unha agresión mutua.[3]

Xogou dez tempadas máis no Real Madrid, compartindo equipo con futbolistas como Alfredo Di Stéfano, Paco Gento, Raymond Kopa ou Ferenc Puskás, e sumou varios títulos máis ao seu palmarés, entre eles tres ligas e dúas Copas de Europa. En 1957 fichou pola UD Las Palmas, onde xogou un ano antes da súa retirada.[4]

Selección española[editar | editar a fonte]

Foi sete veces internacional coa selección española, coa que debutou en abril de 1950, nunha vitoria por 5-1 contra Portugal en Madrid, marcando un dos goles. Participou no Mundial de 1950 no Brasil, onde foi titular nun dos partidos ante o Uruguai.[5] Xogou o seu derradeiro partido coa selección en marzo de 1955, nun encontro ante Francia.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Las Palmas[editar | editar a fonte]

Na súa última campaña como futbolista na UD Las Palmas, exerceu tamén como adestrador durante a segunda parte da competición, utilizando a licenza de Hilario Marrero, xa que carecía dunha propia.[6] Tras colgar as botas definitivamente continuou na estrutura do club, e en 1960 pasou a dirixir as divisións inferiores do club, logrando proclamarse campión de España xuvenil en 1962.[5]

En 1967 adestrou de novo o primeiro equipo do club, substituíndo nos últimos partidos de liga a Otxoa e logrando a permanencia. Continuou como adestrador do equipo na tempada 1967/68, na que obtivo o terceiro posto na liga, o mellor resultado ata entón na historia do club, que nunca rematara máis arriba do noveno lugar. Con todo, aínda mellorou os seus resultados na seguinte campaña, logrando un histórico subcampionato, só por detrás do Real Madrid de Miguel Muñoz. En xaneiro de 1970, despois de tres derrotas consecutivas en liga, presentou a súa dimisión. Un ano antes, en 1969, adestrara a selección española, conseguindo dúas vitorias, un empate e unha derrota.[6]

Real Madrid[editar | editar a fonte]

En 1971 regresou ao Real Madrid, como adestrador do equipo xuvenil. Traballou tamén como asesor do club e en xaneiro de 1974 colleu as rendas do primeiro equipo, trala dimisión de Miguel Muñoz. Estivo no cargo ata o final da tempada e gañou a Copa do Xeneralísimo despois de golear por 4-0 ao FC Barcelona na final celebrada no estadio Vicente Calderón. Para a seguinte tempada foi substituído por Miljan Miljanić, pero volveu poñerse á fronte do equipo en setembro de 1977, trala destitución do iugoslavo. Liderou a táboa durante case toda a competición e acabou proclamándose campión de liga, por diante do FC Barcelona. Revalidou o título de liga na seguinte tempada, na que se estrou nos bancos da Copa de Europa, onde caeu en semifinais ante o Grasshopper. Deixou o cargo en xuño de 1979.

Regresou ao banco do equipo branco en marzo de 1982, substituíndo a Vujadin Boškov, e gañou unha nova Copa do Rei, derrotando na final ao Sporting de Gijón de Novoa.[7]

En abril de 1985 comezou a súa cuarta e derradeira etapa como adestrador do Real Madrid, trala dimisión de Amancio. Conseguiu remontar a eliminatoria contra o Inter de Milán e meterse na final da Copa da UEFA, torneo que conquistou ao gañar na final ao Videoton húngaro. Esa mesma tempada gañou tamén a penúltima edición da Copa da Liga. Continuou no equipo na seguinte tempada, na que gañou a liga e unha segunda Copa da UEFA consecutiva, batendo na final ao FC Köln.

A partir de entón exerceu como director deportivo do club, ata que se retirou definitivamente en 1990, cando decidiu ir vivir á illa de Gran Canaria. Faleceu o 12 de febreiro de 2010 nas Palmas de Gran Canaria.[8]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Real Madrid

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Real Madrid

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Relaño, Alfredo (17 de setembro de 2016). "Bernabéu se adelanta en el fichaje de Molowny (1946)". As (en castelán). Consultado o 9 de maio de 2022. 
  2. Roncero, Tomás (28 de outubro de 2006). ""Yo perdí con el Nástic"". As (en castelán). Consultado o 9 de maio de 2022. 
  3. "El Madrid gana la Copa contra rival, público y árbitro". El Mundo (en castelán). 23 de xuño de 1947. Consultado o 9 de maio de 2022. 
  4. "Luis Molowny" (en castelán). 2007. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 9 de maio de 2022. 
  5. 5,0 5,1 "Luis Molowny". UD Las Palmas (en castelán). 1997. Arquivado dende o orixinal o 7 de xullo de 2007. Consultado o 9 de maio de 2022. 
  6. 6,0 6,1 "Historia". UD Las Palmas (en castelán). 1997. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2007. Consultado o 9 de maio de 2022. 
  7. Colomo, Ricardo (2007). "Molowny... y el contrato social". mediapunta.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2007. Consultado o 9 de maio de 2022. 
  8. "Fallece Luis Molowny, leyenda del Real Madrid". As (en castelán). 3 de febreiro de 2010. Consultado o 9 de maio de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]