Cabilia
- Este artigo trata da rexión da Alxeria. Para o pobo, vexa Cabilio (pobo). Para a lingua, vexa Lingua cabilia.
Cabilia é un área montañosa no norte de Alxeria. Os seus habitantes chámana en cabilio Tamurt Idurar (Terra de Montañas) ou Tamurt Leqvayel (Terra dos Cabilios). É parte das Montañas do Atlas e localizada á beira do Mar Mediterráneo. Cabilia cobre varios distritos (wilayas) de Alxeria: a totalidade de Tizi Ouzou e Bejaia (Bgayet), a maioría de Bouira (Tubirett) e parte das wilayas de Bordj Bou Arreridj, Jijel, Boumerdes, e Setif.
Índice |
A colonización francesa [editar]
O área foi pasando gradualmente a control francés dende 1857, espertando unha vigorosa resistencia levada a cabo pola poboación local dirixida por líderes como Lalla Fatma n Soumer, continuando máis tarde coa rebelión de Cheikh Mokrani en 1871. Moitas terras foron confiscadas neste período ás tribos máis recalcitrantes e dadas ós pied-noirs franceses. Foron levados a cabo moitos arrestos e deportacións polos franceses, principalmente a Nova Caledonia. A colonización tamén acelerou a chegada de emigrantes tanto de dentro do país como de fora del.
Os traballadores alxerinos en Francia organizaron o primeiro partido que promoveu a independencia nos anos 20. Messali Hadj, Imache Amar, Si Djilani, e Belkacem Radjef gañaron rapidamente un grande seguimento tanto en Francia como en Alxeria nos anos trinta e desenvolveron activamente militantes que volvéronse vitais nun futuro para construír unha Alxeria independente e loitadora.
Durante a guerra de independencia (1954-1962), Cabilia foi unha das áreas que foi máis afectada, debido á importancia do maquis (axudados polo terreo montañoso) e á represión francesa. A FLN recrutou a varios dos seus líderes históricos alí, entre eles Hocine Aït Ahmed, Abane Ramdane, e Krim Belkacem.
Política [editar]
- Dous partidos políticos dominan na Cabilia e teñen o seu principal apoio alí: a Fronte de Forzas Socialistas, liderado por Hocine Aït Ahmed, e o RCD, liderado por Saïd Sadi. Ámbolos dous son secularistas, Berberistas e "Alxerianistas".
- O Arouch, creado durante a Primavera Negra de 2001 como un renacemento da forma tradicional cabilia de organización democrática, a asemblea de vilas. O Arouch comparte en grande parte os mesmos puntos de vista políticos que FFS e RCD.
- O MAK (Movemento pola Autonomía da Cabilia) emerxeu durante a Primavera Negra, e é unha asociación política que loita pola autonomía da Cabilia.
Cabilios famosos [editar]
Artistas [editar]
- Abderrahmane Abdelli, musico.
- Isabelle Adjani, actriz, de pai cabilio e nai alemá.
- Rabah Asma, cantante.
- Sliman Azem, cantante.
- Djur Djura, grupo feminino de música.
- Mohya, poeta do folclore cabilio, e actor.
- Lounis Ait Menguellet, cantante.
- Idir, cantante.
- Lounes Matoub, cantante berberista e secularista asasinado en 1998.
- Si Mohand, poeta tradicional cabilio.
- Édith Piaf, cantante, avóa materna cabilia.
- Daniel Prévost, actor, de pai cabilio.
- Salah Sadaoui, cantante.
- Takfarinas, cantante.
- Sinik, rapeiro.
Figuras da resistencia e da revolución [editar]
- Colonel Amirouche, loitador revolucionario, morto polas tropas francesas en 1959.
- Krim Belkacem, loitador revolucionario, asasinado en 1970.
- Belkacem Radjef, nacionalista e revolucionario (1909-1989).
- Abane Ramdane, loitador revolucionario, asasinado en 1957.
- Lalla Fatma N'Soumer, muller que levou ós cabilios occidentais á batalla contra os colonizadores franceses.
Políticos [editar]
- Belaïd Abrika, un dos portavoces do Arouch.
- Hocine Aït Ahmed, revolucionario alxeriano e político secularista.
- Nordine Ait Hamouda, político secularista e fillo de Colonel Amirouche.
- Ferhat Mehenni, político e cantante que milita pola autonomía da Cabilia.
- Ahmed Ouyahia, Primeiro Ministro de Alxeria
- Saïd Sadi, político secularista.
- Sidi Said, líder da unión de traballadores de Alxeria: UGTA.
- Khalida Toumi, feminista e secularista, ministra actualmente no goberno alxeriano.
Deportistas [editar]
- Tarek Benhabiles, tenista profesional.
- Omar Kouidri, boxeador.
- Mohammed Zaaf, ciclista no Tour de France.
- Zinedine Zidane (1972– ), estrela do fútbol francés.
- Rabah Madjer, xogador de fútbol.
Líderes relixiosos [editar]
- Papa Xelasio I, Papa (492 - 496)
Escritores [editar]
- Tahar Djaout, escritor e xornalista asasinado polo Grupo Armado Islámico en 1993.
- Mouloud Feraoun, escritor asasinado pola OAS.
- Fadhma Amrouche, escritor e poeta cristián.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Mohamed Dahmani, Economie et Societe en Grande Kabylie (Alger: Office des Publications Universitaires, 1987)
Ligazóns externas [editar]
- Fotos de Cabilia
- Kabyle.com (en francés)
- imyura.com (lingua de Cabilia)
- Kabylie News (en francés)
- Kabyle music
- Kabylpedia