Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Real Madrid Castilla Club de Fútbol, coñecido habitualmente como Castilla, é un equipo de fútbol, o primeiro filial do Real Madrid Club de Fútbol, que xogará a próxima tempada na Segunda División Española.
Entre os seus logros deportivos, destaca un campionato de Segunda División na tempada 1983-84, e o subcampionato na Copa do Rei de 1979–80, competición que actualmente os equipos filiais non poden xogar, que perdeu contra o primeiro equipo do Real Madrid, por 6-1, o que lle serviu ademais para disputar a Recopa de Europa ao ano seguinte, ao estar xa clasificado o primeiro equipo para disputar a Copa de Europa.
O Real Madrid Castilla disputa os seus encontros no Estadio Alfredo Di Stéfano, situado na Cidade Real Madrid en Valdebebas. Foi inaugurado o 9 de maio de 2006 e posúe unha capacidade de 6.000 espectadores, todos sentados, e unhas dimensións de 105 x 68 metros.
Datos do club [editar]
- Tempadas en 2ª: 31
- Tempadas en 2ªB: 15 (Incluída a 2011–12)
- Tempadas en 3ª: 20
- Debut en Segunda: 1949–50.
- Primeiro partido: Castilla – Salamanca (6–3).
- Mellor posto na liga: 1º (2ª división, tempada 1983–84)
- Peor posto na liga: 18º (2ª división, tempadas: 1989–90, 1996–97)
- Participacións en competicións europeas: 1
- 1 na Recopa de Europa, na que chegou a 1/32 final (1980–81), sendo o único equipo español que xogou competicións europeas estando en 2ª.
- Maior goleada conseguida: Castilla – Úbeda (11–0). Tempada 1960–61.
- Maior goleada encaixada: Eibar – Castilla (16–0). Tempada 1988–89.
- Máis vitorias consecutivas: 7 (1978–79)
- Máis derrotas consecutivas: 6 (1996–97)
- Máis empates consecutivos: 4 (1988–89)
- Máis partidos sen gañar: 12 (1986–87, 1987–88)
- Máis partidos sen perder: 25 (1983–84, 1984–85)
Cadro actual [editar]
Actualizado a 12 de xuño de 2012.
Torneos nacionais [editar]
Torneos amigables [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]