Barrán, Piñor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Xoán de Barrán
Igrexa de San Xoán de Barrán.
ConcelloPiñor[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°30′27″N 7°59′53″O / 42.50749111, -7.99799167Coordenadas: 42°30′27″N 7°59′53″O / 42.50749111, -7.99799167
Poboación223 hab. (2023)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xoán de Barrán é unha das sete parroquias do concello ourensán de Piñor. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 223 habitantes (103 homes e 120 mulleres).

Monumentos[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Xoán de Barrán é un templo relixioso do século XIII (1226) con nave única. Destaca a súa fachada de porta alintelada con pináculos ós lados sostida por pilastras. Sobre a porta, un grande óculo enche de luz o interior. A fachada está rematada por unha espadana dobre con balaustrada. O interior conta cun retablo barroco de tres rúas separadas por columnas salomónicas de decoración vexetal no cal destacan as imaxes de San Roque, Santo Antón e San Francisco. Hai tamén diversos obxectos de prata: un cáliz, unha custodia e un incensario, todos do século XVIII, unha cruz parroquial barroca e un copón do século XIX.

A fonte da Igrexa de San Xóan de Barrán (1801) está detrás da devandita igrexa. Trátase dunha fonte de pedra de forma rectangular feita de perpiaños graníticos, coroada cun frontón apuntado con tres pináculos. O central debía estar rematado cunha cruz, hoxe desaparecida. No pináculo da esquerda figura a inscrición "AÑO" e no da dereita "1801". A parte inferior da fonte conta cunha fornela na que aparecen as figuras de San Xoán e Cristo (que porta nunha man a bóla que representa o mundo) nunha curiosa disposición, pois é Cristo quen bautiza a San Xoán. Enriba da fornela hai un escudo de pedra que representa unha man agarrando un cruceiro. Rodeando o escudo hai diversas inscricións que compoñen o nome da persoa que mandou edificar a fonte: "DON JOAQUÍN BARROS".

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Barrán[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Barrán no concello de Piñor na Provincia de Ourense

Albarona | Arenteiriño | Arenteiro | Barrán | Fontelo | Piñor | Senderiz | Senra

Parroquias de Piñor[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Piñor

Barrán (San Xoán) | A Canda (San Mamede) | Carballeda (Santa María) | Coiras (San Xoán) | A Corna (Santa María do Desterro) | Loeda (San Paio) | Torcela (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]