Martha Argerich
Martha Argerich, nada en Bos Aires o 5 de xuño de 1941, é unha pianista arxentina de música clásica, considerada un dos maiores expoñentes da súa xeración e da posguerra. Especialmente celebrada polas suas interpretacións de Chopin, Liszt, Bach, Schumann, Ravel e Prokofiev.
Índice |
Traxectoria[editar]
Martha Argerich naceu en Bos Aires o 5 de xuño de 1941. Comezou a estudar piano dende moi pequena, e no 1945, con só catro anos de idade deu o seu primeiro recital público. No seu primeiro concerto formal aos oito anos de idade, interpretou o Concerto para piano opus 15 de Beethoven, e comezou a estudaar con Vicente Scaramuzza, tamén mestre -entre outros- de Bruno Gelber.
No ano 1955 o Presidente arxentino Juan Domingo Perón enviou a seu pai como agregado económico da embaixada en Viena para que Martha tivese a mellor educación musical posible. Alí estudiou con Friedrich Gulda, e máis tarde, en Xenebra, con Madeleine Lipatti e Nikita Magaloff.
Argerich casou tres veces: a primeira con Robert Chen, pai da súa filla maior, Lyda. Dende 1969 a 1973 estivo casada co director de orquestra Charles Dutoit, que continúa facendo gravacións e concertos ca pianista, e con quen tivo a súa segunda filla, Annie. O seu terceiro marido foi o pianista Stephen Kovacevich, pai da súa terceira filla, Stephanie.
Un dos seus amigos máis próximos é o pianista brasileiro Nelson Freire, que a acompaña frecuentemente en dúos de piano.
Argerich reside habitualmente en Bruxelas.
A súa relativa aversión á prensa e á publicidade mantivérona fóra do primeiro plano mediático durante a maioría da súa carreira profesional. Deu poucas entrevistas e en consecuencia pode non ser tan coñecida como outros pianistas de relevancia similar. Aínda así, é recoñecida como unha das grandes virtuosas do piano do noso tempo.[1]
Carreira profesional[editar]
En 1957, gañou dous prestixiosos concursos de piano con tres semanas de diferencia. Máis tarde, en 1965 obtivo o primeiro premio no [Concurso Internacional de Piano Frédéric Chopin]], recoñecida polas súas interpretacións de Chopin e Liszt.
En varias reportaxes, Argerich remarcou o seu sentimento de soidade no escenario durante a interpretación, e -quizos por eso- realizou moi poucos recitais de piano solista despois do 1980, enfocándose en concertos para piano e orquestra, música de cámara e acompañamento instrumental en sonatas.
Foi recoñecida especialmente polas súas interpretacións de compositores clásicos do século XX, tales como Rachmaninov, Messiaen e Prokofiev. Unha das súass gravacións máis notables reúne o Conceerto para piano n.º 3 de Rachmaninov co Concerto para piano n.º 1 de Tchaikovsky.
Obtivo tres premios Grammy, nos anos 2000, 2005 e 2006.
Anualmente no Teatro Colón de Buenos Aires lévase a cabo o Festival Martha Argerich, no cal se ofrecen concertos por músicos e intérpretes de diferentes partes do mundo, e ademaiss celébrase un concurso de piano no cal Argerich a menudo preside o xurado.
Premios e recoñecementos[editar]
- 1965 - Premio internacional Competición de piano Frederick Chopin, primeiro premio.
- 1989 - Premio Konex de Platino, mellor pianista da década (1980-1989).
- 1999 - Premio Konex de Brillante, personalidade máis destacada da música clásica da década (1990-1999)
- 2000 - Premio Grammy ao mejor solista instrumental con acompañamento de Orquestra: Charles Dutoit (director), Martha Argerich e a Orquestra sinfónica de Montreal por Prokofiev: Conceerto para piano n.º 1 e Concierto para piano n.º 3 e Bartók: Concerto para piano n.º 3'
- 2005 - Premio Grammy á mellor interpretación de música de cámara: Martha Argerich e Mikhail Pletnev por Prokofiev (Arr. Pletnev): Cenicienta Suite para dous pianos e Ravel: Ma Mere L'Oye.
- Premio Asociación Xaponesa das Artes.[2]
- 2006 - Premio Grammy ao mellor solista instrumental con acompañameento de Orquestra: Claudio Abbado (director), Martha Argerich e a Orquestra de Cámara Mahler por Beethoven: Concertos para piano n.º 2 e 3.
Referencias discográficas[editar]
- Great Pianists Of The 20th Century. Philips (456 700-2).Sinfónica de Londres, Filarmónica de Berlin, Sinfónica da Radio de Berlín. Directores: Abbado, Chailly.
- Volumen 2: Bach, Liszt, Ravel, Prokofiev e Rachmaninov.
- Volumen 3: Chopin, Schumann e Liszt.
- Colección completa: piano solo: Chopin, Bach, Schumann, Liszt, Brahms, Ravel,Prokofiev. Dous Pianos: Tchaikovski, Rachmaninov. Concertos: Beethoven, Chopin, Chaikovski, Schumann, Liszt, Prokofiev Ravel. Philharmonia, National Symphony, Royal Philharmonic, Sinfónica de Londres e Filarmónica de Berlín. Sinopoli, Rostropovich, Dutoit, Abbado. 11 Discos compactos Deutsche Grammophon (453 566-2)
- Chopin: Sonata en si menor. Mazurkas, op. 59. n.º 1-3. Scherzo en do sostido menor, op. 39. Polonesa en la bemol maior, op. 53. Emi (7243 5 56805 2 5).
- Chopin: Concertos. Sinfónica de Montreal. Dir:Dutoit. Emi (7243-5-56798-2-6).
- Shostakovich: Concerto n.º 1. Haydn: Concerto. Orquestra de cámara de Würtemberg. Dir:Faerber. Deutsche Grammophon (439 8642).
- Chopin: Concerto n.º 1. Scherzo n.º 3. Filarmónica Nacional de Varsovia. Dir: Rowicki, Laserlight (14 168).
- Tchaikovski: Concerto n.º 1. Sinfónica da Radio de Baviera. Kondraschin. Philips (446 673-2).
- Rachmaninov: Concerto n.º 3. Sinfónica da Radio de Berlín. Dir.Chailly.
- Schumann: Concerto. Orquestra Nacional de Francia, Dir.Celibidache. Artists Fed (012).
Notas[editar]
- ↑ Stanley Sadie (Ed.) (1981). The New Grove Dictionary of Music and Musicians. Londres: Macmillan. ISBN 0-333-23111-2.
- ↑ "Premio en Japón", Diario Clarin de Bos Aires, 18 de outubro de 2005 (en castelán).
Véxase tamén[editar]
Bibliografía[editar]
- Bellamy, Olivier. Martha Argerich : L'enfant et les sortilèges (Broché) ISBN-10: 2283023467