Anton Bruckner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anton Bruckner

Anton Bruckner, nado en Ansfedlden o 4 de setembro de 1824 e finado en Viena o 11 de outubro de 1896, foi un compositor e organista austríaco de fins do romanticismo. Coñecido polas súas sinfonías, misas e Mottettos. As sinfonías son famosas pola súa rica linguaxe harmónica e complexa polifonía, malia o seu longo tamaño e o feito de existir en moitas versións, moitas veces coñecidas como catedrais do son caracterizadas pola súa profundidade e ambición emocional.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun organista, a súa iniciación na música produciuse xa na infancia, devoto católico a maior parte da súa produción realizouna para a igrexa. Discípulo de Simon Sechter e Otto Kitzler, estudou extensamente a obra de Richard Wagner.