Antônio Meneses
| Antônio Meneses | |
|---|---|
| {{{imaxe}}} |
|
| Nome completo | Antônio Meneses |
| Alias | {{{alias}}} |
| Naceu | 23 de Agosto de 1957 |
| Orixe | Recife, Pernambuco (Brasil) |
| Morreu | {{{morreu}}} |
| Ocupación (s) | {{{ocupación}}} |
| Xénero | {{{xénero}}} |
| Instrumento(s) | Violoncello |
| Tipo de voz | {{{tipo de voz}}} |
| Selo(s) discográfico (s) | {{{selo}}} |
| Relacionado con | {{{relacionado con}}} |
| Tempo en activo | {{{tempo en activo}}} |
| Web | Sítio oficial |
Antônio Meneses, nado en Recife o 23 de agosto de 1957, é un violoncellista brasileiro.
Biografía [editar]
Fillo do trompista João Jerônimo de Meneses, no primeiro ano de vida vivirá na cidade do Rio de Janeiro — o pai fóra convidado para integrar o elenco do Theatro Municipal do Rio de Janeiro. Con 6 anos, comeza a aprender violoncello. Gaña varios concursos e, aos 17 anos, vai estudar en Europa, para perfeccionar o seu talento.
Ingresa na Escola Superior de Música de Düsseldorf, despois segue en Stuttgart, ambas na Alemaña. En 1977 gaña o Concurso Internacional de München, derrotando, por unanimidade, a 40 candidatos.
En 1981, gravou co mestre Herbert von Karajan, e no ano seguinte venceu o Concurso Tchaikovsky, en Moscova.
Despois, presentouse coas Orquestras Filharmónicas de Moscova, San Petersburgo, Nova York e Israel, e as Orquestras Sinfónicas de Londres, da BBC e Viena, ademais da Orquestra do Concertgebouw, de Amsterdam, e da Orquestra da Suisse Romande, entroutras.
Meneses tamén é membro titular do trio Beaux Arts, desde 1998.
O seu instrumento é un Matteo Goffriler do século XVIII (equivalente, nos violoncellos, ao violín Stradivarius).