Novacaixagalicia
A Novacaixagalicia é o nome comercial dunha caixa de aforros galega, nacida o 29 de novembro de 2010 como resultado da fusión das entidades Caixa Galicia e Caixanova. O nome co que rexistrou a súa inscrición é o de Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra.
Índice |
Estrutura [editar]
O seu director xeral é José Luis Pego, que procedía do organigrama de Caixanova, mentres que o director xeral executivo é Xavier García de Paredes, que procedía da estrutura de Caixa Galicia. O responsable da obra social é Guillermo Brea. Os copresidentes, que teñen un cargo de honra non executivo, son Mauro Varela (Caixa Galicia) e Xulio Fernández Gayoso (Caixanova).
Historia [editar]
Dada a crise financeira que afectaba as dúas principais caixas de aforros galegas como consecuencia da súa excesiva exposición[1] á burbulla inmobiliaria que detonou en 2008, Caixa Galicia e Caixanova víronse abocadas a un proceso de fusión. A aquela altura chegaban as dúas entidades, Caixa Galicia e Caixanova con 46.000 e 32.000 millóns de euros en activos[2]. As outras alternativas baralladas no momento pasaban pola compra por outras entidades bancarias españolas[3][4][5], que finalmente non se produciu.
Para afrontar ese proceso de fusión, as dúas caixas solicitaron do FROB un empréstito de 1.162 millóns de euros[6]. Tan só uns meses despois, o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, por boca da súa ministra de Economía a ourensá Elena Salgado, elevou a porcentaxe de capital en depósito que tiñan que ter as entidades bancarias e, en concreto, as caixas de aforro, para a súa continuidade como operadores financeiros[7]. A recente fusión aumentaba as dificultades para conseguir esa porcentaxe e os directores da entidade optaron por un proceso de bancarización, é dicir, de transformación da caixa de aforros nun banco tradicional. Para convertérense en bancos, as caixas tiñan que reestruturar os seus órganos directivos, mudar os seus órganos de goberno para atraer o capital privado, e presentar un plan de viabilidade que contemplase a entrada de investidores privados[8]. Este proceso foi seguido tamén por outras entidades en España naquela época.
A porcentaxe de capital en depósito esixida polo goberno de España fixouse nun 8% —que tiña que acadarse en setembro de 2011 para evitar a nacionalización—, e Nova Caixa Galicia tiña en xaneiro de 2011 un 6%[9]. A entidade resultante do proceso de bancarización recibiu o nome de NCG Banco e a súa data de creación anunciada para agosto de 2011.
Participacións industriais [editar]
| Participación | Porcentaxe | Sociedade | Porcentaxe |
|---|---|---|---|
| Banco Gallego | 49,840% | Novacaixagalicia | |
| CLH | 5,00% | Novacaixagalicia | |
| Pescanova | 4,609% | Novacaixagalicia | |
| Elecnor | 6,894% | Novacaixagalicia | |
| Banco Pastor | 5,356% | Novacaixagalicia | |
| Adolfo Domínguez | 5,050% | Novacaixagalicia | |
| NH Hoteles | 2,714% | Hoteles Participados | 5,428% |
| General de Alquiler de Maquinaria | 5,052% | Novacaixagalicia | |
| Itinere | 23,40% | Novacaixagalicia | |
| Tecnocom | 20,052% | CXG Corporación Novacaixagalicia | 20,052% |
| Quabit | 4,084% | CXG Corporación Novacaixagalicia | 4,084% |
| Sacyr Vallehermoso | 7,07% | Novacaixagalicia | 4,646% |
| CXG Corporación Novacaixagalicia | 2,361% | ||
| Banco Etcheverría | 44,730% | CXG Corporación Novacaixagalicia | 44,730% |
| Monbús | 33,4% | Novacaixagalicia | |
| Grupo Copo | 21,1% | Novacaixagalicia | |
| Eólica Galenova | 100% | Novacaixagalicia | |
| Sogevinus | 100% | Novacaixagalicia | |
| Naviera Elcano | 12% | Novacaixagalicia |
De CXG Corporación Nova Caixa Galicia pertence o 94,432% a Novacaixagalicia e un 5,568% a Hierros Añón.
Notas [editar]
- ↑ Las entidades financieras gallegas poseen el 13% de la deuda de Fadesa, Faro de Vigo, 6/12/2008.
- ↑ Ranking Cajas de ahorro por activo, Cajas y bancos, datos de 2009 a partir de CECA.
- ↑ A fusión das caixas, unha saída necesaria?, Vieiros, 1/3/2010.
- ↑ Caixanova, candidata a unirse a Caja Navarra, Hispanidad, 5/3/2010.
- ↑ Caixa Galicia, absorber o ser absorbida: Caixanova o Cajamadrid, Banqueando, 27/7/2009.
- ↑ A fusión de Caixa Galicia e Caixanova apañará 1.162 millóns do FROB, Vieiros, 14/6/2008.
- ↑ El Gobierno nacionalizará temporalmente las cajas si no logran elevar su capital mínimo, 20 minutos, 24/1/2011.
- ↑ El Gobierno nacionalizará temporalmente las cajas si no logran elevar su capital mínimo, 20 minutos, 24/1/2011.
- ↑ Ratios Core Tier de las entidades financieras a enero 2011, Cajas y bancos, 25/1/2011.