Andrés Gaos Berea
Andrés Gaos Berea, nado na Coruña o 31 de marzo de 1874 e finado en Mar del Plata o 13 de marzo de 1959, foi un compositor e violinista galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Andrés Gaos amosou aptitudes musicais xa aos dez anos ao gañar un premio como violinista. En 1884 ingresou nun Centro Musical da Coruña. Posteriormente conseguiu unha bolsa da Deputación e trasladouse a Madrid para continuar os seus estudos no Conservatorio. En 1888 volveu á Coruña e conseguiu máis bolsas para realizar estudos en París e Bruxelas. En 1895 viaxou a América e dedicouse a dar clases de música en Bos Aires e Montevideo. En 1896 casou coa cantante América Montenegro, coa que tivo cinco fillos, e fixaron a súa residencia principal en Bos Aires, pero establecéndose durante períodos moi prolongados -ás veces de anos- en Francia por razóns das súas xiras de concertos. En 1917 divorciáronse e Andrés casou con rapaza Luisa Guillochon (alumna súa), coa que tivo tres fillos.
A súa actividade, a partir de 1930, desenvolveuse fundamentalmente na Arxentina, aínda que en ocasións visitou a súa cidade natal para ofrecer algún concerto. Contra 1899 publicou obras para canto e piano e unha habanera para violino e piano. Entre 1912 e 1916 compuxo un bo número de cancións, unha das cales foi premiada pola Asociación Wagneriana de Bos Aires. En 1916 obtivo un premio en Tucumán-lugar onde transcorre a acción da súa única ópera, Amor vedado- pola música e letra do himno oficial do Centenario da Independencia Arxentina. En 1917 compuxo Elegía para piano e violín, dedicada ao seu amigo Pau Casals que nunca a interpretou. A súa última actuación na Coruña foi en 1927. Entre outras composicións incluíu dúas obras del, entre elas a Danza arxentina nº 3, que acadou un grande éxito.
Obra [editar]
Como compositor, destacan obras como a Sinfonía nº 2 En las montañas de Galicia, Crepúsculo en la Alhambra, Aires gallegos, Impresión nocturna, Miniaturas, Tormenta, Marcha fúnebre, Sonata opus 37, Rosa de Abril para piano(sobre o poema homónimo de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, e a ópera Amor vedado, Allegro para Violín e Orquestra, Opus 24, Sinfonía en la menor (en tres movementos), Humoresca para violonchelo e piano, Romanza para Violino e Piano, Impresión Nocturna. Ademais, dirixiu en varias ocasións as orquestras sinfónicas de Berlín, París, Roma e Milán.
Algunhas destas obras están gravadas en disco pola Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez, quen ten estreado a práctica totalidade da obra orquestal e lírica de Andrés Gaos.
Fixéronse varios arranxos de obras súas como por exemplo o do segundo movemento da súa Sinfonía nº 2 para banda, levado a cabo polo músico Hernán Naval Parapar, de 'Rosa e Abril' para voz e piano e para coro, realizadas por Ramiro Cartelle, ou do Allegro para violín e orquestra (Fantasía para violino e orquestra, Xunta de Galicia) que elaborou Joam Trillo, revisor e adaptador tamén de Impresión nocturna, Amor vedado e outras grandes obras de Gaos.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web oficial de Andrés Gaos (en inglés) e (en castelán)