Anne-Sophie Mutter
| Anne-Sophie Mutter | |
|---|---|
| Nome completo | |
| Alias | |
| Naceu | 26 de xuño de 1963 |
| Orixe | Rheinfelden, Baden |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | violinista |
| Xénero | música clásica |
| Instrumento(s) | violín |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | |
| Tempo en activo | 1977 - actualidade |
| Web | http://anne-sophie-mutter.com |
Anne-Sophie Mutter, nada en Rheinfelden, Baden, o 26 de xuño de 1963, é unha violinista alemá.
Traxectoria [editar]
Comezou tocando o piano cando tiña cinco anos e de contado, comezou a tocar o violín, estudando cos mestres Erna Honigberger e, despois da súa morte, con Aida Stücki.
Despois de gañar varios premios deixou a escola para dedicarse exclusivamente á arte. Con 13 anos, o diretor Herbert von Karajan convidouna a tocar coa Filharmónica de Berlín. En 1977 fixo a súa estrea no Festival de Salzburgo coa English Chamber Orchestra baixo as ordes de Daniel Barenboim. Aos 15 anos, Mutter realizou a súa primeira gravación do terceiro e quinto concerto para violín de Mozart con von Karajan e a Filharmónica de Berlín.
No ano 1980 realizou a súa estrea nos Estados Unidos coa Filharmónica de Nova York dirixida por Zubin Mehta. En 1985, con 22 anos, foi nomeada membra honoraria da Royal Academy of Music (Londres) e encabezou a súa facultade de estudos internacionais de violín. En 1988 realizou unha grande xira por Canadá e os Estados Unidos, tocando por primeira vez no Carnegie Hall. En 1998 tocou e gravou para un CD e un DVD as Sonatas para Violín de Beethoven completas, acompañada por Lambert Orki. Esta interpretación emitiuse en televisións de todo o mundo.
Hoxe en día está considerada coma unha das mais prestixiosas violinistas.