México

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Mexicano")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Estados Unidos Mexicanos
Bandeira de México Emblema de México
Bandeira Emblema
Himno nacional: Himno Nacional Mexicano
 
MEX orthographic.svg
 
Capital
 • Poboación
Cidade de México
8,720,916 hab.
Cidade máis poboada Cidade de México
Linguas oficiais
Ningún. O español y 62 lenguas indíxenas teñen a mesma validez en todo o territorio mexicano 1

.

Forma de goberno República federal democrática
Enrique Peña Nieto
Independencia
 • Iniciada
 • Declarada
de España
16 de setembro de 1810
27 de setembro de 1821
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas

1.984.375 km²
n/d
n/d km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade

106.682.500 (2008) [1]
52,3 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 10º
US$ 840.012 mill.
US$ 8.066 (2006)
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 10º
US$ 1.171.506 mill. 2
US$ 11.249 (2006)
IDH n/d
Moeda Peso mexicano ($, MXN)
Xentilicio mexicano/a
Fuso horario UTC-6 a UTC-8
Dominio de Internet .mx
Prefixo telefónico +52
Prefixo radiofónico 4AA-4CZ, 6DA-6JZ, XAA-XIZ
Código ISO 484 / MX / MEX
Membro de: TLCAN, ONU, OEA, OCDE, APEC, G.3

1 Non existe declaratoria constitucional de lingua oficial.
2 Fonte: FMI.

Tódolos países do mundo

México (nome oficial: Estados Unidos Mexicanos) é un país localizado maioritaria ou totalmente na América do Norte (dependendo de onde se traza o limite coa América Central, se na fronteira mexicana, se no Istmo de Tehuantepec). Limitado ao norte polos Estados Unidos de América, ao leste polo Golfo de México e polo Mar Caribe, a través dos cales se acerca a Cuba, ao sur por Guatemala e máis Belize, e ao oeste polo Océano Pacífico. Alén do territorio continental e illas adxacentes á costa, o México inclúe tamén as Illas Revillagigedo, localizadas no Océano Pacífico, a máis de 400 km a sur do Cabo San Lucas, na Baixa California.

Historia[editar | editar a fonte]

México precolombino[editar | editar a fonte]

Máscara de Pakal, señor de Palenque. Cultura maia, Clásico.

Os primeiros achados arqueolóxicos en México teñen unha datación de máis de 20.000 anos, eran pobos que se dedicaban á caza e a recolleita de plantas e froitas silvestres. Arredor do 5.000 a.C. comezan a cultivar as primeiras plantas silvestres, e de nómades nun proceso longo convertéronse en bandas seminómades e posteriormente en comunidades sedentarias arredor do 2500 a.C.

Entre o 1200 e o 400 a.C. desenvólvese a escrita, o calendario e os grandes centros cerimoniais da cultura olmeca, localizada na costa do Golfo de México, nas actuais Veracruz e Tabasco, difundindo unha sociedade xerarquizada noutros pobos de Mesoamérica.

Entre o 400 a.C. e o 200 d.c. produciuse un aumento demográfico e da produción agrícola, desenvolvéronse máis centros urbanos e aumentou o comercio. Destacan neste período Teotihuacan, Monte Albán e as cidades estado maias como Palenque, Uxmán ou Copán.

O colapso das grandes cidades produciuse entre o 650 e o 900, é un período caracterizado pola inestabilidade política, a mobilidade social, estes cambios acentuaronse dende o século XI, cando pobos do norte, seguramente por motivos climáticos, migraron ao centro de México, e deron lugar a sociedades militaristas, ao ter que dominar aos pobos asentados con anterioridade nos territorios nos que se estableceron.

No centro de México déronse tres vagas migratorias diferentes, a tolteca nos séculos X e XII, a chichimeca, no XII e a mexica no XV

Conquista e colonización española[editar | editar a fonte]

Hernán Cortés, capitán da expedición española, chamado posteriormente capitán xeral do Virreinato da Nova España.

As primeiras expedicións españolas á área que agora é México realizounas Francisco Hernández de Córdoba en 1517. En 1518 Juan de Grijalva explorou o sur de México. Pero foi Hernán Cortés en 1519 o que dende a actual Veracruz deu comezo á conquista española, obtivo a primeira vitoria militar nas costas de Tabasco e entre o botín de guerra estaba Malitzin que lle serviu de intérprete e foi vitar para coñecer as rivalidades entre os pobos mexicanos. Trala conquista de Texcoclo por Cortés diversas poboacións indíxenas, como os zapotecos aliánronse con el contra dos aztecas, e tras unha serie de batallas os españois sitiaron a súa capital Tenochtitlán, conquistada en 1521. Tres factores contribuíron á rápida vitoria española, a superioridade do armamento e a utilización do cabalo, a expansión das novas enfermidades que traían os europeos e a axuda doutros pobos indíxenas que vían aos aztecas como opresores.

Os conquistadores eran poucos, uns 2.000 arredor de 1530 e 10.000 en 1550, e o seu avance cara o norte foi lento, pola resistencia dos pobos nómades que alí habitaban, a guerra do Mixtón (1540-42) supuxo a conquista do territorio chichimeca e o descubrimento das minas de prata de Zacatecas (1546).

Cos conquistadores chegaron tamén os evanxelizadores cristiáns, organizouse a Inquisición e as fundacións relixiosas multiplicáronse en toda Nova España, en 1559 había uns 160 conventos e 800 relixiosos no territorio.

A conquista provocou tamén unha forte diminución da poboación indíxena, consecuencia non só das guerras, senón da expansión de novas enfermidades, os traslados de poboación, traballos obrigatorios para os indíxenas e unha mala alimentación, así a poboación pasou de 25.000.000 en 1519 a 2.600.000 en 1550.

Nos séculos XVII e XVIII houbo un aumento demográfico, ao tempo que aparecían poboacións mestizas, mulatas e creoulas. A expansión da minería e a comercialización da agricultura e a gandería reforzaron a economía da colonia. Grandes extensións de terra eran propiedade dos brancos, que tamén dominaban a economía e a política colonial

A independencia[editar | editar a fonte]

Logo da invasión de España por Napoleón I os liberais e conservadores concordan en pedir máis autonomía para Nova España. A guerra de independencia de México comeza o 16 de setembro de 1810 dirixida por Miguel Hidalgo, un sacerdote crioulo e de ideas progresistas. Os sublevados apoderáronse de San Miguel el Grande e ao pouco tempo tiñan un exército de 25.000 homes, que en outubro eran xa 80.000. Entre os líderes independentistas sobresaían José María Morelos, Vicente Guerrero, Agustín de Iturbide e Antonio López de Santa Anna. A guerra durou once anos ata que os independentistas entraron na cidade de México en 1821. En agosto dese ano asinouse o Tratado de Córdoba en Veracruz entre o vicerrei español, Juan de O'Donojú, e Agustín de Iturbide que ratificaba o Plan de Iguala.

En 1821 Iturbide, un antigo xeneral español que cambiara de bando para loitar pola independencia, proclamouse emperador; oficialmente unha medida temporal ata que un membro da realeza europea asumira o posto. En 1823 unha revolta contra Iturbide estableceu a República de México e Guadalupe Victoria converteuse no primeiro presidente do país.

O século XIX estivo caracterizado pola inestabilidade política. A figura dominante no segundo cuarto do século foi o ditador Antonio López de Santa Anna. Neste período México perdeu os seus territorios máis ao norte. En 1836 Texas declarouse independente. Entre 1846 e 1848 estalou a guerra mexicano-americana que significou non só a perda dos territorios do norte, senón unha maior intervención norteamericana na política mexicana.

O segundo Imperio, Maximiliano I de México.

En 1855 un presidente moderado, Ignacio Comonfort, chega ao poder e en 1857 apróbase a nova constitución, que tentaba unha vía intermedia entre os conservadores e os liberais. Nesta carta magna, a Igrexa Católica mantén a maioría dos privilexios que tiña dende a época colonial, pero deixa de ser a única da nación. Isto provoca unha dura reacción da igrexa, que excomunga ao goberno, e dos conservadores que se rebelan en armas contra o goberno. É a coñecida como Guerra de Reforma que dura ata xaneiro de 1861. Trátase unha guerra sanguenta e polariza politicamente ao país, de xeito que boa parte dos moderados únense aos liberais. Durante un tempo hai dous gobernos no país: o conservador na cidade de México e o liberal en Veracruz. A contenda remata coa vitoria dos liberais liderados por Benito Juárez.

En 1864 Maximiliano de Habsburgo convértese en emperador de México co apoio dos conservadores e dos franceses, interesados en explotar as ricas minas do noroeste do país. Sen embargo, Maximiliano tentou seguir unha política liberal, o que provocou que os conservadores lle retirasen o seu apoio. Maximiliano foi, finalmente, capturado polas forzas leais a Benito Juárez e fusilado en Cerro de las Campanas, Querétaro en 1867. Restableceuse a república e redactouse unha nova constitución que confiscaba as enormes propiedades da Igrexa Católica e establecía a separación de Igrexa e Estado.

En 1876 o xeneral Porfirio Díaz rebelouse contra o goberno, co apoio dos conservadores, e mantívose no poder ata 1911, período que se coñece como o porfiriato. Foi un período de relativa prosperidade e paz, pero as condicións das clases máis baixas empeoraron ao desapareceren os "ejidos", as terras que os indios cultivaban de xeito comunal. Estas terras pasaron a engrosar os grandes latifundios. Porén, non se permitía a disidencia política, manténdose no poder un sistema político corrupto baseado na sistemática falsificación do sufraxio electoral.

En 1910 o xa ancián presidente decidiu presentarse para outro mandato. Aínda que pensaba non contar con ningún opositor serio, apareceu Francisco Madero, un académico de rica familia que decidiu presentarse. Madero rapidamente obtivo popularidade e Díaz ordenou metelo en prisión. As eleccións foron un fraude enorme: oficialmente Madero só recibiu uns poucos centos de votos. Isto provocou revoltas populares por todo o país.

A Revolución mexicana[editar | editar a fonte]

Pancho Villa e Raúl Madero

O 20 de novembro Madero redactou o coñecido como Plan de San Luis Potosí, no que chamaba a loitar contra do goberno ditatorial. Así deu comezo a chamada Revolución mexicana. O exército federal foi derrotado polas forzas revolucionarias dirixidas, entre outros, por Emiliano Zapata no sur, Pancho Villa e Pascual Orozco no norte e Venustiano Carranza. Porfirio Díaz dimitiu e marchou ao exilio a Francia.

Sen embargo, cada un dos triunfantes líderes revolucionarios tiñan diferentes obxectivos políticos. Madero negábase a alterar a estrutura económica, o que lle supuxo a perda do apoio campesiño que frustrado se revolveu esixindo o reparto das terras. Consecuentemente, abriuse unha cruenta loita polo polo poder: Pancho Villa e Emiliano Zapata foron os líderes populares que encabezaron as revoltas en 1913. Carranza foi nomeado presidente o 5 de febreiro de 1917 e promulgouse unha nova constitución coa que se encetaba unha vasta reforma agraria. En 1920 Álvaro Obregón converteuse en presidente. Durante o seu mandato, mellorou a educación e déronse pasos para acadar a igualdade entre homes e mulleres. Obregón contou co apoio de case toda a sociedade mexicana. Só se opuñan a el os terratenentes e o clero máis conservador. Este último levantouse na coñecida como Guerra Cristera co obxectivo de loitar contra da separación entre a Igrexa e o Estado.

En 1929 formouse o Partido Nacional Mexicano (máis tarde denominado Partido Revolucionario Institucional) para servir ao presidente Plutarco Elías Calles. O PNM esparexeu as milicias dos xenerais revolucionarios.

En 1934 o presidente Lázaro Cárdenas del Río, que principou unha política de transformación do país, exiliou en Calles, o último xeneral con ambicións ditatoriais, conseguiu unir as diferentes tendencias no seo do PRI, nacionalizou a industria do pretróleo, deu asilo aos refuxiados da guerra civil española e comezou a reforma agraria.

O seu sucesor Manuel Ávila Camacho procurou crear un clima máis favorable para o capital internacional polo que reprimiu as folgas, perseguiu aos disidentes, e deu volta atrás na reforma agraria.

A oposición política medrou sobre todo dende a masacre de Tlatelolco de 1968 a economía entrou en recesión na década de 1970, o peso devaluouse. A crise de 1994 deixou provocou un clima de axitación política e a aparición en Chiapas do Exército Zapatista, polo que o presidente Ernesto Zedillo viuse obigado a reformar a lei electoral e reducir o poder do PRI e nas eleccións de 2000 venceu Vicente Fox Quesada, o candidato do Partido de Acción Nacional.

Política[editar | editar a fonte]

México é unha república representativa, democrática e federal, composta por 31 estados libres e soberanos no que concerne a seu réxime interno e un Distrito Federal, sede do Poder Executivo Federal, no cal se encontra a Cidade de México.

A constitución mexicana de 1917 criou unha república federal con separación de poderes entre ramos executivo, lexislativo e xudicial separados. Historicamente, o executivo é o ramo dominante, co poder investido no presidente, que promulga e executa as leis emanadas do parlamento, o congreso federal, ou Congreso de la Unión.

O Congreso Nacional é bicameral e composto por un Senado (Cámara de Senadores) e unha Camara de Deputados (Cámara de Diputados). A reelección consecutiva está prohibida. Os senadores son electos para mandatos de 6 anos, e os deputados por 3 anos. Os ocupantes dos 128 lugares do Senado son escollidos a través dunha mistura de elección directa e de representación proporcional. Na Camara (baixa) dos Deputados, 300 dos 500 deputados son electos directamente en círculos uninominais, e os restantes 200 lugares son electos a través dunha forma modificada de representación proporcional con base en cinco rexións electorais. Estes 200 lugares foron criados para axudar os partidos máis pequenos a ter acceso ao parlamento.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións de México.
División política de México
States of Mexico.svg
Estado Población (2005) Superficie (km²) Capital
Estados Unidos Mexicanos 103.088.000 1.959.248 Cidade de México
1. Aguascalientes 1.051.000 109.665 Aguascalientes
2. Baixa California 2.842.000 177 Mexicali
3. Baixa California Sur 517.000 3.812 La Paz
4. Campeche 751.000 87 Campeche
5. Chiapas 4.256.000 1.642 Tuxtla Gutiérrez
6. Chihuahua 3.238.000 2.317 Chihuahua
7. Coahuila de Zaragoza 2.475.000 288 Saltillo
8. Colima 562.000 73 Colima
9. Durango 1.489.000 168 Victoria de Durango
10. Guanajuato 4.893.000 529 Guanajuato
11. Guerrero 3.116.000 204 Chilpancingo
12. Hidalgo 2.334.000 407 Pachuca de Soto
13. Xalisco 6.652.000 231 Guadalaxara
14. México 14.161.000 120 Toluca
15. Michoacán 3.988.000 180 Morelia
16. Morelos 1.605.000 144 Cuernavaca
17. Nayarit 3.988.000 180 Tepic
18. Nuevo León 1.605.000 144 Monterrey
19. Oaxaca 3.988.000 180 Oaxaca de Juárez
20. Puebla 1.605.000 144 Puebla de Zaragoza
21. Querétaro 3.988.000 180 Santiago de Querétaro
22. Quintana Roo 1.243.975 21.658 Chetumal
23. San Luis Potosí 310.132 24.885 San Luis Potosí
24. Sinaloa 534.562 1.845 Culiacán Rosales
25. Sonora 897.509 4.140 Hermosillo
26. Tabasco 70.554 52 Villahermosa
27. Tamaulipas 1.957.789 30.537 Ciudad Victoria
28. Tlaxcala 772.010 10.917 Tlaxcala de Xicohténcatl
29. Veracruz Llave 1.365.342 23.562 Xalapa de Enriquez
30. Iucatán 4.161.425 22.140 Mérida
31. Zacatecas 39.279 54.135 Zacatecas
32. Distrito Federal 1.243.975 21.658

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de México.
Mapa de México

Localizado na parte suroeste do continente norteamericano e de forma aproximadamente triangular, México extendese por máis de 3000 Km de noroeste a sueste. A súa longura varia entre máis de 2000 km no norte e menos de 220 km no istmo de Tehuantepec, no sur. O México ten litorais en dúas grandes masas de auga: o océano Pacífico (co golfo de California entre o continente e maila península da Baixa California) a occidente e, a oriente, o golfo de México e mailo mar Caribe, que conduce ao océano Atlántico. Nos litorais atópanse planicies costeiras, ao paso que o México central consiste de planaltos elevados e montañas escarpadas, incluíndo volcáns, o máis elevado dos cales é o Pico de Orizaba, con 5610 m de altitude.

O terreo e o clima varían dos desertos do norte á fraga húmida tropical no sur. Os principais ríos mexicanos son o Río Bravo del Norte (tamén coñecido como Río Grande), o Grijalva, o Balsas e o Yaqui.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de México.

O México ten unha forte economía de mercado que recentemente superou 1 millón de millóns de dólares, e que mistura industrias modernas e tanben antigas, e aínda agricultura. Administracións recentes aumentaron a competición empresarial nos portos, ferrocarrís, telecomunicacións, xeración de enerxía, distribución de gas natural e nos aeroportos.

A renda per capita mexicana é 1/4 da estadounidense, e a distribución da riqueza é moi desigual. O comercio cos Estados Unidos triplicou despois da entrada en vigor do NAFTA, o acordo de libre comercio entre os dois paises e o Canadá.

Turismo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Turismo en México.

O turismo en México é unha actividade económica importante para o país e é unha das maiores no mundo, colocada no oitavo lugar a nivel mundial de chegadas de turistas internacionais, co 21,4 millons de visitantes en 2006, e o primeiro destino para turistas extranxeiros dentro de América Latina.[2].


Turismo de México
Government Building In Puebla.jpg Chichen-Itza El Castillo.jpg Cabo San Lucas Los Arcos 2.jpg Pirámide del Sol in Teotihuacán.jpg
Cancún
Quintana Roo
Puebla
Puebla
Chichén Itzá
Iucatán
Cabo San Lucas
Baja California Sur
Teotihuacán
Estado de México
Parroquia y relox.JPG Acapulco - Visto desde la Capilla Ecuménica de la Paz.JPG Monte Alban 2006 08.JPG
Creel
Chihuahua
San Miguel de Allende
Guanajuato
Acapulco
Guerrero
Monte Albán
Oaxaca
Cidade de México
Distrito Federal
San Cristóbal de Las Casas 18.jpg Puerto Vallarta Bahia.JPG El Tajín, Nischenpyramide.fcm.jpg Palacio de gobierno de morelia.JPG
Tijuana
Baixa California
San Cristobal de las Casas
Chiapas
Porto Vallarta
Xalisco
El Tajín
Veracruz
Morelia
Michoacán

Demografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Demografía de México.
Artigo principal: Inmigración en México.

O México é o país máis populoso de lingua española do mundo e o segundo país máis populoso da América Latina, despois do Brasil. Preto do 80% da poboación é de etnia mestiza (os mestizos), 5% son amerindios puros e 15% de orixe europea. O país é predominantemente católico romano (89%), cun 6% de adhesión a varias fés protestantes e os restantes 5% ou a adherir a relixións máis pequenas ou sen relixión.

As diferenzas entre as estimacións oficiais e de organismos privados sobre o número de estranxeiros vivindo en México é significativa. A cifra de estranxeiros residindo en México é de aproximadamente 1,000,000.00, dos cales a maioría (86.9%) proveñen de Estados Unidos, Guatemala, España, O Salvador, Arxentina e Colombia (agás en Chiapas, onde a maioría dos inmigrantes son de Centroamérica). As entidades federais co maior número de inmigrantes estranxeiros son: Distrito Federal (12,1% de total de inmigrantes), Baixa California (11,4%), Xalisco (9,9%), Chihuahua (9%), Tamaulipas (7,3%), Chiapas (7.2%). Máis do 54% da poboación inmigrante ten menos de 15 anos de idade, e o 9% máis de cincuenta.

Cultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura de México.
Mexico e a cultura do millo.
O jarabe mixteco.

A construción da cultura mexicana é o resultado dun proceso histórico que inclúen as relacións de poder, os intercambios pacíficas, a asimilación de elementos culturais exógenos e reinterpretações de elementos culturais xa existentes. Como ocorre en todos os países de América Latina, cando o México se tornou libre do dominio español, os seus habitantes non tiñan o que se dá para chamar de identidade nacional. Quizais a única cousa que a maioría dos mexicanos partes no momento da independencia foi ter nacido nun territorio que era para ser un estado e da relixión católica. Ademais, os lazos inter-rexionais e comunidade eran escasos e as identidades étnicas estaban profundamente enraizadas.

Asociado ao triunfo da Revolución, novas formas de pensar sobre a identidade nacional. Un dos principais pensadores desta nova fase de reflexión sobre o que é mexicano José Vasconcelos Calderón. Para este avogado, o México era unha especie de "crisol" onde todas as razas se unir. Na construción da cultura e da historia do país había contribuído os europeos mesma indíxenas, africanos que os asiáticos. Polo tanto, por definición foron os mexicanos mestizos, culturalmente. Vasconcelos chamou o mestizo da raza cósmica, no que converxen o mellor de todos os pobos do mundo. A súa influencia foi sentido inmediatamente en todo o país a través do traballo da Secretaría de Educación Pública. En 1920-1940, a educación en México, foi usada como un dos mecanismos polos que estender a tese de mestizos de México.

Feriados[editar | editar a fonte]

Data Festa local
1 de xaneiro Ano Novo
5 de febreiro Día da Constitución
21 de marzo Natalicio de Benito Juárez
1 de maio Día do Traballo
16 de setembro Día da Independencia
20 de novembro Revolución Mexicana
25 de decembro Nadal

Deportes[editar | editar a fonte]

A charreada é considerado un deporte nacional en México.
Un xogador de ulama no estado de Sinaloa.

Adóitase dicir que o deporte nacional de México é o charros. Este deporte é derivado do traballo dos capataz nas facendas de gando. A súa orixe remóntase á época colonial, e é atribuída a Maximiliano de Austria, segundo emperador de México, a creación do traxe charro na súa forma final. A práctica de charrería está limitado a unha poboación moi pequena debido ao alto custo de mantemento do cabalo e as ferramentas necesarias (roupa, accesorios). O deporte nacional é recoñecido como un honorario si porque, como outros presuntamente símbolos mexicanos, non ten ningunha declaración oficial. A versión popular é o rodeio charrería presente en case todas as festas da aldea.

Aínda que o Ministerio de Educación inclúe o ensino da educación física nas escolas baixo os seus coidados, así como os órganos estatais responsábeis da educación no país organizado o deporte non é unha actividade común entre o pobo. O máis difundido é, probablemente, o fútbol, pero no norte do país teñen unha maior presenza de baloncesto, béisbol e softball, os dous últimos, tamén cunha aceptación moi boa no sur, na práctica, do sur de Ontario afeccionado de Jai alai frontón e é moi importante, e dado brillo ao deporte mexicano internacionalmente. Co número crecente de axentes do mercado os nenos e os mozos raquete deportes radicais, o squash, gozar constante desenvolvemento. A patinaxe artística e hoquei no xelo son os deportes practicados por mozos mexicanos ricos, amosando un crecemento constante. Outros deportes que son populares en México son de voleibol que é practicado como un dos deportes escolares de nivel básico e do fútbol que é practicado en diferentes ligas organizadas membros da ONEFA.

Algúns deportes teñen unha orixe pre-hispánica. En Michoacán, o balón é practicada tarasco, que, como o balón Oaxaca Mixtec e ulama Sinaloa, están ligadas coa bola do xogo practicado polos antigos pobos da Meso-América. Este xogo de pelota dramatizou o movemento das estrelas no firmamento, e na teoría dos seus descendentes hoxe facer tamén, por suposto agora derrotou equipos son sacrificados ós deuses. " En Chihuahua, o ritual Tarahumara chamadas feitas e carreiras rarajípara ariweta. A primeira é para os homes, e é xogado en equipos que se revezam para completar un percorrido de varios quilómetros a través das montañas chutar unha bola pequena. A segunda é para as mulleres, e eles deben facer a viaxe empurrando un marco

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [INEGI]],Consulta de resultados. Numeralia (Publicaciones de contenido general sobre el país), http://www.inegi.gob.mx/est/contenidos/espanol/proyectos/integracion/inegi324.asp?s=est&c=11722#tres
  2. [1] Turismo en México

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Países do mundo | América do Norte
Flag of Canada.svg Canadá - Flag of the United States.svg Estados Unidos de América - Flag of Mexico.svg México
Países con parte do seu territorio en América do Norte

Flag of Denmark.svg Dinamarca (Groenlandia) | Flag of France.svg Francia (San Pedro e Miquelón) | Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido (Bermuda)