Estado de Guanajuato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ESTADO DE GUANAJUATO
Guanajuato in Mexico.png


Outros Estados mexicanos

Capital Guanajuato
Outras cidades primarias León, Salamanca
Área
Posición
30,491 km²
22°
Poboación (censo de 2000)
Posición
4,656,760
ISO 3166-2
Abreviación postal
MX-GUA
Gto.

Guanajuato, é un dos 31 estados do México, localizado no centro do país, e facendo fronteira cos estados mexicanos de Jalisco, San Luis Potosí, Zacatecas Durango, Querétaro e Michoacán. A súa área é de 30.589 km² e a súa poboación é de 4.656.760 habitantes. A capital do Estado é a cidade de Guanajuato. A súa principal fonte de renda é a minaría de prata (o Estado posúe unha das maiores reservas mundiais deste mineral), entre outros como estaño, ouro, cobre, chumbo e mercurio.

Ten unha extensión territorial de 30.491 km2. Por esta extensión ocupa o vixésimo segundo lugar entre as entidades de México. É maior que Nayarit, Estado de México, Tabasco, Querétaro, Aguascalientes, Colima, Hidalgo, Morelos, Tlaxcala e o Distrito Federal. Se se compara a súa extensión coa de outras entidades, Guanajuato cabe oito veces en Chihuahua e é sete veces máis grande que Tlaxcala.

O estado de Guanajuato conta con 46 municipios e cada un deles ten unha localidade na que se acha a denominada cabecera municipal, onde se asenta o goberno do municipio.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A verba Guanajuato remóntase ao século XIII ou XIV, cando os purépechas ou tarascos chegaron e ocuparon o que actualmente é o Estado de Michoacán e a parte sur do Estado de Guanajuato. O pobo purépecha acostumaba bautizar os lugares coas súas características físicas, coa abundancia de algunha planta ou material en específico.

A palabra Guanajuato provén dos vocablos Kuanasï e Uato da lingua purépecha. O nome significa "Lugar montuoso de ras" ou "cerro de ras". Puxéronlle este nome debido a que os cerros que se encontran arredor da cidade de Guanajuato, aos antigos purépechas pareceulles que tiñan forma de ras.

Historia[editar | editar a fonte]

Zona arqueolóxica de Plazuelas, Pénjamo, lugar onde se desenvolveu a cultura chupitaro.

Os habitantes máis antigos do estado, segundo estudos recentes, puideron ser os chupícuaros; á chegada dos españois, os otomíes e os chichimecas eran os grupos que habitaban a rexión.

O feito máis destacable da historia estatal (e tamén feito nacional importante) foi o acontecido na madrugada do 16 de setembro de 1810, nunha pequena localidade de Los Altos, chamada Dolores (actualmente Dolores Hidalgo). O cura Miguel Hidalgo, guanajuatense nado en Pénjamo, e os seus compañeiros independentistas levantáronse en armas contra o réxime virreinal, lanzando o famoso Grito de Dolores.

Xa consumada a independencia iniciada por Miguel Hidalgo, o territorio converteuse nun estado libre e soberano por decreto do 3 de febreiro de 1824.


Estados de México Bandeira de Mexico
Aguascalientes | Baja California | Baja California Sur | Campeche | Chiapas | Chihuahua | Coahuila | Colima | Durango | Guanajuato | Guerrero | Hidalgo | Iucatán | Jalisco | México | Michoacán | Morelos | Nayarit | Nuevo León | Oaxaca | Puebla | Querétaro | Quintana Roo | San Luis Potosí | Sinaloa | Sonora | Tabasco | Tamaulipas | Tlaxcala | Veracruz | Zacatecas
Distrito Federal