Victoria de Durango

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 24°01′22″N 104°39′16″W / 24.02278°N 104.65444°W / 24.02278; -104.65444

Location Durango.png

Durango, oficialmente chamada Victoria de Durango e tamén coñecida como Cidade de Durango, é unha cidade de México, capital do estado de Durango. Atópase no norte da República Mexicana, no Val do Guadiana, situado no centro do estado. No 2010 tiña 582.287 habitantes.

Durango é a cidade máis poboada do estado homónimo. Foi fundada o 8 de xullo de 1563 por Francisco de Ibarra co nome de Villa de Durango, pola localidade vasca de Durango.

Forma parte do conxunto de cidades e poboacións do "Camiño Real de Terra Adentro", declarado Patrimonio Cultural da humanidade pola UNESCO no 2010 [1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Patrimonio Cultural no. 1351 , Camino Real de Tierra Adentro.