Tijuana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 32°31′N 117°01′W / 32.517°N 117.017°W / 32.517; -117.017

Vista de Tijuana.
Localización de Tijuana en México.

Tijuana é a maior cidade do estado mexicano de Baixa California e a capital do concello de Tijuana. Adoita ser citada, abreviada e coloquialmente, como TJ. A súa poboación, en 2005, era de 1.410.700 habitantes. Forma un continuum metropolitano, separado apenas pola fronteira, coa cidade californiana de San Diego; o seu conxunto supera os 4.900.000 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cidade está situada sobre a fronteira entre os Estados Unidos e México, facendo límite con o condado de San Diego de California polo norte. Tijuana ten límites tamén con Playas de Rosarito, que en tempos foi un dos seus barrios, mais obtivo a súa independencia administrativa entre 1999 e 2000. O censo do ano 2005 indicaba unha poboación de 1,6 millóns de habitantes, incluíndo Tecate, mais a cantidade foi contestada, especialmente porque a cidade acolle numerosas persoas sen domicilio e é un punto de paso moi importante de emigrantes clandestinos para os Estados Unidos.

Economía[editar | editar a fonte]

É centro turístico importante pola súa proximidade ás grandes cidades de California e aos Estados Unidos en xeral: de feito Tijuana é a segunda cidade do mundo polo número de turistas que a visitan, número que só supera Nova York[Cómpre referencia].

Por outra banda, Tijuana posúe numerosas maquiladoras (talleres de ensamblado en réxime de subcontrata para empresas estadounidenses), en especial non campos do automóbil e da electrónica.

Outro sector en pulo é o da construción, pois constrúense na cidade arredor de 26.000 vivendas anuais, en parte para acoller á inxente masa de inmigrantes anuais.

Vista aérea da área metropolitana Tijuana, Méx. - San Diego, EUA

Historia recente[editar | editar a fonte]

Os anos da década de 1920 mudaron Tijuana profundamente debido a Prohibición do alcohol nos Estados Unidos. Numerosos norteamericanos pasaban a fronteira para beber e xogar con completa legalidade. Inauguráronse casinos enormes, como Agua Caliente. Caesar Cardini dirixíu algúns restaurantes da cidade durante esa época, como o aínda subsistente hotel Caesar's (tamén chamado Caesar's Palace) na rúa principal, agora denominado Avenida Revolución.

Os acontecementos internacionais dos anos seguintes tiveron fondas repercusións sobre da cidade. O turismo aumentou de maneira significativa grazas aos norteamericanos que acudían en grande número por la vida nocturna de Tijuana. Paralelamente, numerosos mexicanos, vidos de todo o país, comezaron a se instalar en Tijuana, triplicando a súa poboación. Entre 1940 e 1950, a cidade pasou de 21.971 a 65.364 habitantes.

A vida nocturna e o turismo principiaron a diminuír logo da década de 1950, mais Tijuana foise adaptando para atraer unha clientela máis familiar. Actualmente calcúlase que Tijuana acolle uns 80.000 inmigrantes anuais.

Educación superior e investigación[editar | editar a fonte]

Tijuana conta con universidades e centros de investigación científico-tecnolóxicas, das que cómpre citar:

Personalidades célebres[editar | editar a fonte]

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tijuana

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]