Estado de San Luis Potosí
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
|
|||||||||||||||
San Luís Potosí é un dos 31 estados que xunto co Distrito Federal conforman as 32 entidades federativas de México.
Sitúase na rexión norte-centro do territorio nacional e ocupa un área moi ampla do altiplano mexicano. O seu nome oficial é Estado Libre e Soberano de San Luís Potosí e coa súa extensión territorial de 63.068 km é o décimo quinto estado por extensión da República Mexicana.
Está situado entre os 24°22' e 21°07' de latitude norte e 98°20' e 102°17' de lonxitude oeste. Colinda ao norte con Coahuila e Nuevo León, ao nordés con Tamaulipas, ao leste con Veracruz, ao sueste con Hidalgo, ao sur con Querétaro e Guanajuato, ao oeste con Zacatecas e ao suroeste con Jalisco.
| Estados de México | |
|---|---|
| Aguascalientes | Baja California | Baja California Sur | Campeche | Chiapas | Chihuahua | Coahuila | Colima | Durango | Guanajuato | Guerrero | Hidalgo | Iucatán | Jalisco | México | Michoacán | Morelos | Nayarit | Nuevo León | Oaxaca | Puebla | Querétaro | Quintana Roo | San Luis Potosí | Sinaloa | Sonora | Tabasco | Tamaulipas | Tlaxcala | Veracruz | Zacatecas | |
| Distrito Federal | |
