Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sinaloa é uno dos 31 estados de México, situado ao noroeste do país, na costa do Golfo de California; limita ao norte con Sonora, ao leste con Chihuahua e Durango (separado deles pola Serra Madre Occidental) e ao sur con Nayarit. É o estado máis poboado da rexión noroeste de México. A súa capital é Culiacán con aproximadamente 800.000 habitantes, outras cidades importante son Mazatlán— importante destino turístico— Los Mochis e Guasave— centro agrícola—.
Sinaloa é o estado agrícola de México; adicionalmente, conta con unha das máis grandes flotas de pesca do México. Culturalmente, é coñecida pola súa música típica, a Banda ou Tambora; a hulama, versión rexional do xogo de pelota prehispánico que se practica no estado. Sinaloa atópase nunha rexión naturalmente fértil, conta con 11 ríos e 11 presas. Ten 656 quilómetros de litoral pertencentes na súa maioría ao Golfo de California e o resto ao Océano Pacífico. Ademais de posuír 12 baías e 15 esteiros. Sinaloa divídese en 18 municipios (citados de Norte a Sur): Choix, El Fuerte, Ahome, Guasave, Sinaloa, Mocorito, Angostura, Salvador Alvarado, Badiraguato, Culiacán, Navolato, Cosalá, Elota, San Ignacio, Mazatlán, Concordia, Rosario e Escuinapa.