Mexicali
Mexicali é a capital do estado mexicano de Baixa California e a capital do concello de Mexicali. A súa poboación, en 2005, era de 653.046 habitantes. Forma un continuum metropolitano, separado apenas pola fronteira, coa cidade californiana de Calexico; o seu conxunto supera os 700.000 habitantes.
Índice |
Xeografía [editar]
A cidade está situada sobre a fronteira entre os Estados Unidos e México, facendo límite co condado de Imperial de California polo norte. Tijuana ten límites tamén co o condado de Yuma de Arizona. O censo do ano 2005 indicaba unha poboación de 653,046 habitantes, mais a cantidade foi contestada, especialmente porque a cidade acolle numerosas persoas sen domicilio e é un punto de paso moi importante de emigrantes clandestinos para os Estados Unidos.
Economía [editar]
Por outra banda, Mexicali posúe numerosas maquiladoras (talleres de ensamblado en réxime de subcontrata para empresas estadounidenses), en especial non campos do automóbil e da electrónica.
Outro sector en pulo é o da construción, en parte para acoller á inxente masa de inmigrantes anuais de outras partes do país, de Centroamérica, Sudamérica e Asia.
A industria agropecuaria e turística son tamén dos principais sectores que xeran recursos na rexión.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial (en castelán)