Palenque, Chiapas
Palenque é unha cidade maia situada no estado mexicano de Chiapas, preto do río Usumacinta. ë un dos lugares máis importantes desa civilización. En comparación con outras cidades maias, Palenque ten un tamaño mediano : ben menor que Tikal ou Copán, distínguese porén polo seu arquitectónico e escultórico.
A zona descuberta até 2005 equivale a uns 2,5 km², mais cóidase que non se explorou nen un 10 % da superficie total da cidade, ficando aínda máis de mil construcións cubertas pola selva. En 1981, o lugar de Palenque foi designado « Zona protexida ». Foi inscrito na lista do patrimonio mundial da UNESCO en 1987.
Índice |
Monumentos máis importantes[editar]
Palenque é un dos sitios arqueolóxicos máis ricos do Sur de México, nos límites da península de Iucatán. Entre as construcións accessibles, figuran as seguintes:
- a Pirámide das inscricións;
- o Palacio;
- o Templo da Cruz;
- o Templo da Croix foliada;
- o Templo do sol;
- a cancha do xogo de pelota;
- o grupo norte.
As construcións están encadradas nun estilo occidental da arquitectura maia.
Régulos[editar]
Os gobernantes ou régulos de Palenque que nos son coñecidos son os seguintes:
- K'uk' B'ahlam I - 11 de marzo de 431, 435
- "Casper" (é un alcume; o nome antigo non foi transcrito) - 10 de agosto de 435, 487
- B'utz'aj Sak Chiik - 29 de xuño de 487, 501
- Ahkal Mo' Naahb I - 5 de xuño de 501, 524
- K'an Joy Chitam I - 25 de febreiro de 529, 8 de febreiro de 565
- Ahkal Mo' Naahb II - 4 de maio de 565, 23 de xuño dd 570
- K'an B'ahlam I - 8 de abril de 572, 3 de febreiro de 583
- Yohl Ik'nal (unha muller) - 583, 604
- Aj Ne' Ohl Mat - 605, 612
- Sak K'uk' (una donna) - 612, 615
- K'inich Janaab' Pakal (dito Pacal II ou Pacal o Grande) - 615, 683
- K'inich Kan B'ahlam II (Chan Bahlam II) - 683, 702
- K'inich K'an Joy Chitam II - 702, 711
- K'inich Ahkal Mo' Naahb III (Chaacal III) - 3 de xaneiro de 722, despois de 729
- K'inich Janaab' Pakal II (Pacal III) - até 742
- K'inich K'uk' B'ahlam II - 8 de marzo de 765, data ignota
- Wak Kimi Janaab' Pakal (Pacal IV) - 13 de novembro de 799, data ignota
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]