Porfirio Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Porfirio Díaz.

José da Cruz Porfirio Díaz Mori, coñecido como Porfirio Díaz, nado en Oaxaca de Juárez (Oaxaca) o 15 de setembro de 1830 e finado en París o 2 de xullo de 1915, foi un militar e político mexicano, que ocupou o cargo de Presidente de México, en dúas ocasións, país que gobernou a golpe de ditadura; a primeira do 5 de maio de 1877 ao 1 de decembro de 1880, sendo sucedido por Manuel González Flores. Asumiu por segunda ocasión o cargo do 1 de decembro de 1884 ao 25 de maio de 1911, data en que asinou a súa renuncia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Porfirio Díaz

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]