Cancún
Cancún (do maia kaan kun: niño de cobras), é unha cidade de México, localizada na costa nordés da península do Iucatán, no estado de Quintana Roo e capital do concello de Benito Juárez. É un importante centro turístico internacional, recoñecido pola OMT.[1]. A súa poboación é de 628.306 habitantes (2010).
Índice |
Desenvolvemento [editar]
En poucos anos experimentou unha notable transformación, ata a década de 1970 era dunha illa con pouco máis de tres habitantes dedicados á pesca e a coidar cocais no medio da selva virxe con praias sen uso turístico pasou xunto a Acapulco a se converter no centro turístico mexicano máis recoñecido no mundo tras o goberno mexicano coa axuda do Banco Interamericano de Desenvolvemento conectar a illa co continente por medio dunha ponte, construír un aeroporto internacional e áreas de servizos públicos