Pancho Villa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Doroteo Arango Arámbula, máis coñecido como Pancho Villa, naceu en Durango o 5 de xuño de 1878 e asasinado nunha emboscada en Hidalgo del Parral (Chihuahua) o 20 de xullo de 1923, foi un dos xefes da revolución mexicana. A súa actuación militar foi decisiva para a derrota do réxime do entón presidente Victoriano Huerta. Durante a revolución foi coñecido como "O Centauro do Norte".