Guanajuato
Coordenadas: 21°00′59″N 101°15′12″W / 21.01639°N 101.25333°W
Guanajuato é unha cidade mexicana, capital do estado de Guanajuato.
A súa orixe é precolombiana. Os aztecas chamábana "Paxtitlan", que significa "palleiro", mais o nome de agora provén da lingua purépecha, de "Quanaxhuato", que quere dicir "lugar cheo de ras".
As minas de ouro e prata foron a principal riqueza da cidade e da rexión. Na guerra de independencia, Miguel Hidalgo liderou unha importante batalla aquí. Hai en Guanajuato unha importante actividade universitaria. A cidade histórica é Patrimonio da Humanidade, xunto a minas adxacentes.
Guanajuato, aínda ser capital do estado, é apenas a quinta maior cidade do estado, atrás de Léon, Irapuato, Celaya e Salamanca. A poboación do censo de 2005 foi de 70.798 persoas na cidade, aínda que o concello ten unha poboación de 157.956, nunha extensión de 996,74 km ².
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
