Oaxaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

}

Estado Libre y Soberano de Oaxaca
Lema: El respeto al derecho ajeno es la paz.
Himno: Dios nunca muere (de facto)
 
Mexico map, MX-OAX.svg
 
Estado Flag of Mexico.svg México
Capital
 • Poboación
 • Coordenadas
Oaxaca de Juárez
255 029
n/d
Cidade principal Oaxaca de Juárez
Linguas Castelán
 • Oficiais
Estatus Estado federado
Gabino Cué Monteagudo Movemento Cidadán (2010)
Fundación
21 de decembro de 1823
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 5º
93.793 km²

km
600 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 10º
3.801.962 (2010)
41 hab./km²
Xentilicio oaxaqueño, -ña
Fuso horario
 • en verán
UTC−6
UTC−5
Dominio de Internet n/d
Prefixo telefónico n/d
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO MX-OAX[1]
Subdivisións de México

Oaxaca (pronunciación culta:[2] oajáka [oa'xaka], pronunciación vulgar: guajáka [wa'haka] (Es-Oaxaca.ogg escoitar )) é un dos 31 Estados do México. Limita cos Estados mexicanos de Puebla polo noroeste, Veracruz polo norte, Chiapas polo leste e Guerrero polo oeste. A súa área é de 93.793 km²,[3] e a súa poboación era de 3.801.962 habitantes no 2010.[4] A capital do Estado é a cidade de Oaxaca de Juárez, sendo a súa principal cidade con máis de 250.000 habitantes.[5]

Atópase no sur do país, no extremo suroeste do istmo de Tehuantepec, co Océano Pacífico ao sur. Por extensión, é o quinto estado máis grande do país e ocupa o 4,8% da superficie total. Alberga unha rica composición multicultural onde conviven máis de 16 grupos étnicos. O concepto de pobo indíxena refírese á descendencia de poboacións que existían no momento previo á conquista e colonización, que posúen conciencia da súa identidade e que conservaron parte das súas institucións. Estas poboacións habitan un territorio sobre o que se recoñecen dereitos de propiedade e posesión, ademais da facultade para participar no uso e conservación dos seus recursos.

Actualmente, a Constitución Política de Oaxaca recoñece a existencia de quince pobos indíxenas coas súas culturas propias. Ao igual que os outros estados da federación, Oaxaca posúe unha constitución, un código civil, un código penal e un escudo propio.

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:


Estados de México Bandeira de Mexico
Aguascalientes | Baja California | Baja California Sur | Campeche | Chiapas | Chihuahua | Coahuila | Colima | Durango | Guanajuato | Guerrero | Hidalgo | Iucatán | Jalisco | México | Michoacán | Morelos | Nayarit | Nuevo León | Oaxaca | Puebla | Querétaro | Quintana Roo | San Luis Potosí | Sinaloa | Sonora | Tabasco | Tamaulipas | Tlaxcala | Veracruz | Zacatecas
Distrito Federal