Estado de Campeche
| Estado Libre y Soberano de Campeche | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Campeche é un dos 31 estados mexicanos. Atópase no sueste da Federación, no oeste da Península de Iucatán. Limita cos estados de Iucatán polo nordeste, Quintana Roo polo leste, Tabasco polo suroeste, e máis con Guatemala polo sur e Belice polo sueste. Polo oeste ten o golfo de México. A súa área é de 57.924 km²,[3] e a súa poboación de 822.441 habitantes (2010).[4] A capital do estado é a cidade de San Francisco de Campeche, sendo tamén a máis grande.
Desde o punto de vista físico, Campeche atópase nunha posición de transición entre a selva tropical do Petén guatemalteco e a selva baixa caducifolia do extremo norte da península de Iucatán.
Toponimia[editar]
Existen diversas teorías acerca da orixe da palabra Campeche, por exemplo que podería vir do maia can pech, "serpente e carracha".[5]
Outros indican que Campeche deriva das palabras kin que significa "sol" e pech, como xa se indicou, "carracha". Algúns supoñen que a este nome (kin pech) se lle pode agregar o prefixo ah que quere dicir "lugar" e en conxunto significaría "lugar do señor sol carracha".[5]
Notas[editar]
- ↑ "SEP". http://www2.sepdf.gob.mx/efemerides/consulta_efemerides.jsp?dia=29&mes=4.
- ↑ Statoids. "Mexico States". http://www.statoids.com/umx.html. Consultado o 19 de agosto de 2012.
- ↑ "Resumen". Cuentame INEGI. http://cuentame.inegi.gob.mx/monografias/informacion/camp/default.aspx?tema=me&e=04. Consultado o 23 de agosto de 2012.
- ↑ "Principales resultados por localidad 2010 (ITER) - Campeche" (XLS). Instituto Nacional de Estadística y Geografía. http://www.inegi.org.mx/sistemas/consulta_resultados/zip/iter2010/iter_04xls10.zip. Consultado o 23 de agosto de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 Barrera Vázquez, Alfredo; et ál. (1980). Diccionario Maya - Español - Maya. Cordemex.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Estados de México | |
|---|---|
| Aguascalientes | Baja California | Baja California Sur | Campeche | Chiapas | Chihuahua | Coahuila | Colima | Durango | Guanajuato | Guerrero | Hidalgo | Iucatán | Jalisco | México | Michoacán | Morelos | Nayarit | Nuevo León | Oaxaca | Puebla | Querétaro | Quintana Roo | San Luis Potosí | Sinaloa | Sonora | Tabasco | Tamaulipas | Tlaxcala | Veracruz | Zacatecas | |
| Distrito Federal | |