Estado de Durango

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ESTADO DE DURANGO
Durango in Mexico.png


Outros Estados mexicanos

Capital Victoria de Durango
Outras cidades primarias Gomez Palacio, Ciudad Lerdo
Área
Posición
244.938 km²
Poboación (censo de 2005)
Posición
3.241.444
12°
ISO 3166-2
Abreviación postal
MX-CAM
CAM.

Durango é un dos 31 estados que xunto co Distrito Federal conforman as 32 entidades federativas de México. No ano 2005 tiña 3.241.444 habitantes.

Aínda que a capital do estado é coñecida popularmente como Durango, o seu nome oficial é Victoria de Durango, en honra ao primeiro presidente de México, Guadalupe Victoria, orixinario deste estado. Recibe o nome da vila biscaína de Durango, dado polo conquistador Francisco de Ibarra, orixinario de Eibar.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ten unha superficie de 244.938 km². Limita ao norte con Chihuahua, ao sur con Nayarit, ao leste con Coahuila e Zacatecas, ao sudoeste con Xalisco e ao oeste con Sinaloa. Amais da capital, as súas cidades máis importantes son Gómez Palacio e Ciudad Lerdo.

Paisaxe de Sierra madre Occidental.

Clima[editar | editar a fonte]

Na maior parte do estado o clima é seco e semiseco, con choivas escasas durante todo o ano. No alto da serra o clima é temperado con choivas en verán e con xeadas e nevadas no inverno, por mor das baixas temperaturas e os ventos húmidos procedentes do Pacífico.

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

Durango foi distinguido pola súa fauna nos últimos anos, pois atopáronse de novo animas dados por extinguidos, como o oso negro mexicano, e documentáronse arredor de 30 individuos de oso gris. O lobo mexicano estivo a piques de desaparecer no estado de Durango durante o século XX, pero grupos de protección da fauna local lograron reproducilo e reintroducilo no seu hábitat natural, con acordos cos rancheiros e as autoridades do estado. O puma ou león de montaña parece frecuentar as serras de piñeiros e enciñeiras. Nos altos bosques da Sierra Madre Occidental encóntrase unha especie rara de ábeto, abies durangensis, que crece nos municipios lindeiros con Sinaloa e Chihuahua.

Flora y fauna de Durango
Schwarzbär-Omega Park.jpg MountainLion.jpg Grizzly Bear Yellowstone.jpg Bark Scorpion.jpg Aquila chrysaetos Flickr.jpg
Ursus americanus Felis concolor Ursus arctos horribilis Centruroides suffusus Aquila chrysaetos
Wild Turkey.jpg Cobra cascavel 280707- 23 04 40s - 49 06 55w REFON (4)a.jpg Odocoileus hemionus 20.JPG Canis lupus baileyi running.jpg Desert Bighorn Sheep Joshua Tree 4.JPG
Meleagris gallopavo Crotalus durissus Odocoileus hemionus Canis lupus baileyi Ovis canadensis
Abies tamazula dgo.jpg Figa de moro 01.JPG Singapore Botanic Gardens Cactus Garden 2.jpg Cane cholla, with flower, Albuquerque.JPG Pinus ponderosa 9681.JPG
Abies durangensis Opuntia ficus-indica Echinocactus grusonii Cylindropuntia imbricata Pinus ponderosa

Historia[editar | editar a fonte]

As evidencias arqueolóxicas apuntan a que a agricultura foi traída a esta zona desde o sur por grupos de filiación yuto-nahua. A exploración española comezou en 1531 coa expedición de Nuño Beltrán de Guzmán. Nas seguintes décadas fundáronse asentamentos máis ao norte de Zacatecas ao se descubriren xacementos de prata. Ibarra nomeou esta área como Nova Biscaia, que abrangue os actuais estados de Durango e Chihuahua, así como zonas do leste de Sonora e Sinaloa e o sudoeste de Coahuila.

En 1777, como parte das reformas borbónicas, as provincias do norte do Virreinato foron organizadas na Comandancia Xeral das Provincias Internas, entidade autónoma do Virreinato en cuestións militares e administrativas, pero apoiada financieiramente polo mesmo.

Pancho Villa durante a súa etapa de bandoleiro.

Economia[editar | editar a fonte]

Turismo nocturno na cidade de Durango.

A mineiría constitúe a rama económica que máis riqueza produce. Durango é a segunda entidade produtora de ouro e prata no país despos de Sonora, terceira en chumbo, quinta en cobre e sexta en cinc. Porén, os beneficios económicos da produción de metais preciosos non se aprecian nos centros mineiros, convertidos en simples unidades de extracción de riqueza. Neles só habitan os traballadores absolutamente indispensables para operar: técnicos e obreiros, reducidos en número pola alta tecnificación que caracteriza os procesos de extracción e beneficio.

Cultura[editar | editar a fonte]

Grupos étnicos[editar | editar a fonte]

No actual territorio duranguense conviven 5 grupos étnicos dos 65 que hai en México: tepehuanos, nahuas, huicholes, coras e rarámuris. Os menonitas son outro importante grupo étnico alóctono que reside no estado.

Crenzas e relixións[editar | editar a fonte]

Catedral basílica de Victoria de Durango.

En Durango a confesión de fe de maior práctica e representación é o catolicismo. Durango está dividido en dioceses e parroquias segundo as áreas lingüisticas e xeográficas que conforman a entidadr.

Educación[editar | editar a fonte]

Universidade Juárez do Estado de Durango.

A Universidade Juárez do Estado de Durango incorporouse en 1938 á Universidade Nacional Autónoma de México, adoptando o lema "Por mi Raza hablará el espíritu" e o seu escudo actual.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Estados de México Bandeira de Mexico
Aguascalientes | Baixa California | Baixa California Sur | Campeche | Chiapas | Chihuahua | Coahuila | Colima | Durango | Guanajuato | Guerrero | Hidalgo | Iucatán | México | Michoacán | Morelos | Nayarit | Nuevo León | Oaxaca | Puebla | Querétaro | Quintana Roo | San Luis Potosí | Sinaloa | Sonora | Tabasco | Tamaulipas | Tlaxcala | Veracruz | Xalisco | Zacatecas
Distrito Federal


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Estado de Durango