Escudo de México

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de México
Coat of arms of Mexico.svg
Seal of the Government of Mexico.svg
Seal of the Government of Mexico (linear).svg
Detalles
Armiger México
Adoptado 16 de setembro de 1968
(último versión, de Francisco Eppens Helguera)
Escudo Pousado nun chumbeira, unha aguia real mexicana comendo unha cobra
Alicerce carballo e follas de loureiro

O escudo de México é o emblema que aparece na bandeira deste mesmo país. Representa unha aguia devorando unha serpe, que forma parte da lenda azteca da fundación do seu imperio.

É o escudo nacional de México debido a que o inicio do Imperio Azteca foi considerado o inicio de México cando este se independizou de España.

Está constituído por unha aguia mexicana, coa parte superior das ás en actitude de combate. A súa pata esquerda está pousada sobre un nopal florecido sobre un lago; e coa súa pata dereita e co pico sostén unha serpe. Dúas ramas, unha de aciñeira á fronte da aguia e outra de loureiro ó lado oposto, forman entrambas un semicírculo inferior que se une por medio dun listón dividido en tres franxas, coas cores da bandeira mexicana.

A aguia representa a forza cósmica do Sol, o nopal a paisaxe de México e a serpe o poder do país.