Acepción
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Denomínase acepción a cada un dos significados dunha palabra ou expresión da lingua. O seu uso na práctica non a fai exactamente sinónima de significado (ou contido):
- cando se trata dunha secuencia monosémica, o concepto de acepción correspóndese co de significado;
- cando se trata dunha secuencia polisémica (ou homógrafa), as distintas acepcións configuran o significado total da palabra, que se distingue conceptualmente máis na medida en que as diferentes acepcións teñan maior distancia semántica, sobre todo cando se interpretan na súa globalidade;
Así, no primeiro caso, adóitase falar do significado dunha palabra, mentres que, no segundo, fálase das súas distintas acepcións.
Véxase tamén [editar]
|
|
|---|
| Subdisciplinas: semántica léxica | semántica gramatical | onomasioloxía | semasioloxía |
| Métodos: análise sémica |
| Unidades: significado | acepción | sema | semema | arquisemema | clasema | campo semántico |
| Relacións: monosemia | polisemia | homonimia | sinonimia | relacións de inclusión | antonimia |
| Perspectiva cognitiva: categorización | metáfora | metonimia |
| Temas relacionados: denotación | connotación | virtuema | lexema | lexicoloxía | lexicografía | dicionario |