Geographia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa de Península Ibérica na Geographia de Claudio Ptolomeo.

A Geographia é unha obra de Claudio Ptolomeo, xeógrafo grego do século II, que consta de tres partes, divididas en oito libros.

A primeira parte, o primeiro libro, é introdutoria, establecendo a súa metodoloxía para realizar traballos cartográficos e proxeccións. Na segunda parte, do segundo ao sétimo libro, cataloga aproximadamente 5.000 lugares do ecúmene. Mentres que as latitudes son bastante exactas, Ptolomeo comete erros na lonxitude xa que utiliza unhas dimensións do globo terrestre inferiores ás reais, baseándose nas estimacións de Posidonio e Mariño de Tiro en vez das do seu mestre Eratóstenes, máis próximas á realidade. Na última parte, que se corresponde co último libro, aporta 27 mapas do mundo coñecido.