Bendoiro, Lalín
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Bendoiro | |
|---|---|
| Igrexa parroquial | |
| Concello | Lalín |
| Área | 5,8 km² |
| Poboación | (Ano 2004) 300 hab. |
| Densidade | 51,72 hab./km² |
| Entidades de poboación | 10 |
San Miguel de Bendoiro é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 300 habitantes (154 mulleres e 146 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 331 habitantes.
Índice |
[editar] Patrimonio
Na parroquia consérvase un castro. A igrexa parroquial de San Miguel de Bendoiro é de estilo renacentista sobre a antiga estrutura románica, garda a capela sepulcral dos Taboada.
Na arquitectura civil destaca o pazo de Bendoiro de Abaixo.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Bendoiro
| Lugares da parroquia de Bendoiro no concello de Lalín (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Bendoiro de Abaixo | Campo | Castro | A Empedrada | A Igrexa | A Laxe | Pedrouzos | Vilar do Río | Vilasoa | O Xubín |