Sello, Lalín
| Sello | |
|---|---|
| Igrexa de Santiago de Sello. | |
| Concello | Lalín |
| Área | 5 km² |
| Poboación | 336 hab. (2008) |
| Densidade | 67,2 hab./km² |
| Entidades de poboación | 10 |
Santiago de Sello é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo IGE, en 2008 tiña 336 habitantes (171 mulleres e 165 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 363 habitantes.
Limita coas parroquias de Filgueira, Erbo, Bermés, Goiás, Palmou e Santiso. A altitude máxima é de 560 metros. Dista 4 quilómetros da vila de Lalín, capital do concello. O seu código postal é 36517.
Índice |
Economía [editar]
Unha gran parte dos habitantes da parroquia dedícase á agricultura e á gandería, sendo as explotacións de tamaño medio. Actualmente, a parroquia atópase nos trámites de inicio dunha futura concentración parcelaria.
Entre a década de 1960 e a de 1990 estivo afincada na parroquia de Sello unha importante fábrica de cerámica dedicada á produción de ladrillo.
Curiosidades [editar]
Antigamente esta parroquia era coñecida pola fabricación de tella de maneira artesanal, en fornos improvisados, como complemento á actividade agraria. Motivo polo cal aos seus habitantes se lles deu en alcumar como barrosos, denominación xa en desuso. Aquelas familias dedicadas á produción deste tipo de cerámica cubrían as súas casas con aquelas tellas con pouca saída comercial (enténdase isto, como pouco ou moi cocidas, de tonalidade distinta á habitual, etc), polo que ata hai pouco tempo os tellados de moitas casas posuían un aspecto pintoresco con especial encanto.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Sello [editar]
| Lugares da parroquia de Sello no concello de Lalín (Pontevedra) | |
|---|---|
|
O Barreiro | Barrio | O Burgo | O Casariño | Horta | As Penas das Valiñas | Sello | Valado | Vilameá | Vilasancho |