Filgueira, Lalín
| Filgueira | |
|---|---|
| Igrexa de Santa María de Filgueira. | |
| Concello | Lalín |
| Área | 8,4 km² |
| Poboación | 410 hab. (2011) |
| Densidade | 48,81 hab./km² |
| Entidades de poboación | 13 |
Santa María de Filgueira é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o INE en 2011 tiña 410 habitantes (223 mulleres e 187 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 455 habitantes.
Nesta parroquia tivo a súa sede a Banda de música de Filgueira.
Índice |
Historia [editar]
Foi unha doazón feita polo diácono Nuño ao Convento de San Paio de Antealtares (en Santiago de Compostela).
Patrimonio [editar]
En canto ao patrimonio arqueolóxico, conta cun castro, de nome Pena da Cunca, que conserva restos da muralla e do foso; quedan tamén algunhas sepulturas dispersas nos montes de Outeiro e Cerqueda.
A igrexa, situada no lugar de Filgueira, a penas garda recordos de vellos tempos, xa que está desvirtuada pola funcionalidade dos templos rurais ampliados nas dúas últimas centurias. A fachada posúe unha forte liña de cornixa da que sobresae o campanario de dobre arco coroado con pináculos.
No lugar de Cardexía atópase unha casona fidalga que ten un balcón sobre columnas, unha poderosa cheminea e os escudos dos Taboada, Deza, Salgado e Gil. De planta rectangular e fábrica de cantería pequena, na fachada principal hai unha porta e ventás rectangulares e un balcón sobre tres columnas de pedra.
No lugar do Espiño permanecen aínda os restos dunha importante fábrica de curtidos que funcionou ata ben entrado o século XX. O lugar de Espiño conta tamén cunha capela de nova construción dedicada ao culto da virxe de Fátima.
Festas [editar]
Festividade: Santa María
Outros datos [editar]
- Altitude máxima: 590 metros.
- Código postal: 36512.
- Distancia a Lalín: 4 quilómetros.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Filgueira, Lalín.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Filgueira [editar]
| Lugares da parroquia de Filgueira no concello de Lalín (Pontevedra) | |
|---|---|
|
O Agriño | Cardexía | A Cima do Alle | A Ermida | O Espiño | Filgueira | O Fondo do Alle | Outeiro | O Porto do Alle | As Queimadas | Ribas Altas | A Senra | Vilar |