Donramiro, Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Donramiro
Santa María de Donramiro, Lalín.JPG
Igrexa de Santa María de Donramiro.
Concello Lalín
Área 4,5 km²
Poboación 1002 hab. (2011)
Densidade 222,67 hab./km²
Entidades de poboación 6

Santa María de Donramiro é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 1002 habitantes (484 mulleres e 518 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 912 habitantes. Conta cos lugares de Agruchave, Donramiro, Filgueiroa, Penela (onde se formou a Banda de música da Penela), Regueiriño e Trascastro.

Está a unha altura de seiscentos metros.

Índice

Historia e Patrimonio [editar]

Unha antiga lenda local atribúe a fundación da parroquia a un rei godo chamado Ramiro.

Nos montes do Monserrat áchase un castro explorado por Florentino López Cuevillas.

A antiga igrexa románica do século XII foi reformada no ano 1654 en estilo barroco, só a fachada e o primeiro tramo da nave son románicos. Nunha sepultura desa igrexa repousan os restos de Ramón María Aller Ulloa que naceu no Pazo de Filgueiroa, localizado nesta parroquia ao igual que o Palacete dos Crespo.

Os seus monumentos máis importantes son: o castro, o Palacete dos Crespo (coñecido como "a casa da Crespa" por ser a súa última moradora Anuncia Crespo Barros, filla do que foi alcalde de Lalín de 1903 a 1923, Antonio Crespo Pampín e neta do tamén alcalde do século XIX José Crespo Villar) e a carballeira da Crespa (que pertenceu a esta señora).

Festas [editar]

Galería de imaxes [editar]

Lugares e parroquias [editar]

Lugares de Donramiro [editar]

Parroquias de Lalín [editar]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Erbo (San Pedro) | Filgueira (Santa María) | Fontecabalos (San Mamede) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palio (Santa Baia) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]