Ramón María Aller Ulloa
| Ramón María Aller Ulloa | |
|---|---|
Monumento a Ramón Mª Aller en Lalín, obra de Francisco Asorey. |
|
| Nacemento | 3 de febreiro de 1878 Donramiro, Lalín |
| Morte | 28 de marzo de 1966 Lalín |
| Residencia | |
| Nacionalidade | galega |
| Campo | |
Ramón María Aller Ulloa, nado no pazo de Filgueiroa, en Donramiro, Lalín, o 3 de febreiro de 1878 e finado o 28 de marzo de 1966, foi un astrónomo galego, ademais de sacerdote e matemático.
Índice |
Traxectoria [editar]
Fillo do notario de Lalín Domingo Enrique Aller Rodríguez, comezou a estudar cos xesuítas na Guarda e continuounos no seminario de Lugo. Con vinte anos obtivo un doutoramento en teoloxía. Foi ordenado sacerdote con dispensa de dous anos, e, aos 26, acadou como alumno libre unha licenciatura en Ciencias Exactas pola Universidade de Madrid. En 1912 doutórase con premio extraordinario e, neste mesmo ano, constrúe en Lalín o primeiro observatorio astronómico de Galicia.
En 1939, encargouse de explicar Xeometría e Análise Matemática na Universidade de Santiago. No 1944 creouse a Cátedra de Astronomía para el. Alí na Universidade dispuxo dun observatorio. Nel continuou cos seus estudos do firmamento, sempre cunha estreita relación con importantes astrónomos europeos da época.
Ramón María Aller foi membro da Academia das Ciencias Exactas de Madrid, da Comisión da Astronomía e doutras institucións mundiais. Inventou aparellos de medición e observación, algúns deles foron adoptados polo observatorio de París. Foi nomeado catedrático e director vitalicio do observatorio de Santiago, cóengo honorario, e fillo adoptivo da cidade de Santiago de Compostela. O inglés Wilkins puxo o nome de Aller a un cráter da Lúa. Dominaba dez idiomas.
Galería de imaxes [editar]
-
Observatorio da USC, denominado Ramón María Aller.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Museo municipal Ramón María Aller en Lalín
- Biografía de Aller na páxina do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC
- La astronomía a simple vista en Google books (en castelán).
- Fillos ilustres de Lalín
- Biografía, no Álbum da ciencia Consello da Cultura Galega.
- "Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación astronómica en Galicia", José Ángel Jacobo Durántez, en Revista da Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX, 2011