A Veiga, Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Veiga
Igrexa de San Ramón da Veiga.
ConcelloLalín[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°42′22″N 8°04′00″O / 42.70597947, -8.06671906Coordenadas: 42°42′22″N 8°04′00″O / 42.70597947, -8.06671906
Área8 km²
Poboación95 hab. (2011)
Densidade11,88 hab./km²
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

San Ramón da Veiga é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 95 habitantes (51 homes e 44 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 125 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

A Veiga é a única parroquia de nova creación no concello dende a reordenación diocesana de 1893. Pertenceu a Goiás, e o lugar de Carballeda que lle foi adxudicado, foi antes de Moimenta.

Nesta parroquia naceu o lingüista César Oro García.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O castro da Veiga ou da Ponte levántase sobre un montículo entre dous cursos de auga. Consta dun único recinto de forma case circular, aínda que cun pequeno alongamento cara ao sur. O recinto, no seu eixo N-S, mide 65 m ao interior e 85 ao exterior. No eixo L-O mide 60 m no interior e 80 m ao exterior. Está defendido en todo o seu perímetro por un terraplén que se continúa cun forte declive natural cara ao río polo oeste, norte e leste da estrutura. O seu punto máis vulnerable, ao sueste, está reforzado cun foxo duns cinco metros de ancho. O foxo foi escavado nun punto onde existe un afloramento rochoso de xisto que funcionaría como parapeto natural. Moi posiblemente a entrada orixinal ao recinto coincidiría con este punto.[2]

A igrexa de San Ramón da Veiga é de factura neoclásica, con torre barroca, construída sobre a que foi antiga capela -santuario de San Ramón- que segue celebrando a súa romaría do San Ramón.

O cruceiro das Procesións ten dúas imaxes e os símbolos da paixón.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Veiga[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Veiga no concello de Lalín (Pontevedra)

Carballeda | A Ponte da Veiga | O Santón | A Veiga

Parroquias de Lalín[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]