Val do Carrio, Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Val do Carrio
Igrexa de Santo André de Val do Carrio, Lalín.JPG
Igrexa de Santo André de Val do Carrio.
Concello Lalín
Área 3 km²
Poboación 61 hab. (2011)
Densidade 20,33 hab./km²
Entidades de poboación 3

Santo André de Val do Carrio é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE ene 2011 tiña 61 habitantes (32 homes e 29 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 74 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

O medievalista Cañizares identifica esta parroquia coa vila de Ovali, doado en 968 ao Mosteiro de Antealtares e ao seu lugar de Abonxo coa de Abaonio. Nas súas inmediacións topáronse muíños de man, cerámica e outros obxectos.

A Pena de Ouro debe o seu nome ao achado dun tesouro cando se abriu a estrada Lalín-Vila de Cruces.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O Pazo de Val do Carrio, chamado A Casagrande, foi fundado no século XVI como un vínculo da Casa de Cercio, é un dos máis brasonados da Galicia interior, presenta sete escudos coas armas dos Castro, Gil, Varela, Gundín, Salgado, Taboada, Deza, Camba, López de Lemos. A casa-torre foi restaurada ao final dos anos setenta.

A igrexa parroquial, construída no século XVIII como capela familiar, é sinxela pero de elegante factura.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Val do Carrio[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Val do Carrio no concello de Lalín (Pontevedra)

Abonxo | O Carrio | Val

Parroquias de Lalín[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]