Prado, Lalín
| Prado | |
|---|---|
| Igrexa parroquial | |
| Concello | Lalín |
| Área | - km² |
| Poboación | 256 hab. (2009) |
| Entidades de poboación | 7 |
San Martiño de Prado é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2009 tiña 256 habitantes (129 mulleres e 127 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 316 habitantes. A parroquia eclesiasticamente pertence á diocese de Lugo.
Índice |
Economía [editar]
Prado, ao estar situado no centro xeográfico galego, é un punto de confluencia importante. A estrada N-525 transcurre ao longo da parroquia.
Historia [editar]
En Prado celebrábase unha feira mensual os días 13 de cada mes, que lle proporcionaba unha activa vida comercial.
Patrimonio [editar]
- Ponte Taboada.
- Pazo de Liñares, onde naceu o aviador Xoaquín Loriga.
- A igrexa parroquial é de corte neoclásico, posúe unha única nave con ábsida rectangular. Na fachada destaca a liña de cornixa que a divide en dúas partes, coróase co campanario de dobre arco rematado con pináculos.
- Capela da Santa Lucía, unha ermida de pedra na que destaca o campanario dun único arco rematado cun Agnus Dei, baixo o cal hai un nicho. Nela celébrase unha famosa romaría.
- Parque de Prado, cun monumento ao aviador Xoaquín Loriga.
Educación e cultura [editar]
En Prado está situado o Colexio Público de Educación Infantil e Primaria Xoaquín Loriga. Hai ademais un pavillón deportivo que é basicamente de uso escolar do colexio. Conta tamén con farmacia, carnicerías e algunhas industrias.
En novembro de 2009, refundouse a antiga banda de música, A Lira de Prado, que dende entón comezou a percorrer distintos puntos da comarca do Deza, así como lugares incluso fóra de Galicia.
Festas [editar]
- Último domingo de maio - Fillas de María: Primeiras Comuñóns.
- 11 de xullo - San Bieito.
- 15 e 16 de setembro - Festas Patronais na honra da Virxe das Dores.
- 11 de novembro - San Martiño.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Prado, Lalín.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Prado [editar]
| Lugares da parroquia de Prado no concello de Lalín (Pontevedra) | |
|---|---|
|
O Alto da Pena | A Borralla | A Carballeira | A Eirexe | Liñares | Outeiro | Padruxao |