Lebozán, Lalín
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lebozán.
| Lebozán | |
|---|---|
| Igrexa de Santiago de Lebozán | |
| Concello | Lalín |
| Área | 20,1 km² |
| Poboación | 154 hab. (2011) |
| Densidade | 7,66 hab./km² |
| Entidades de poboación | 7 |
Santiago de Lebozán é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 154 habitantes (78 mulleres e 76 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 217 habitantes.
Índice |
Historia [editar]
Un dos montes de Lebozán conserva o nome de Convento, topónimo que lembra o dominio que os monxes de Aciveiro exerceron sobre estas terras.
Patrimonio [editar]
A igrexa de Santiago de Lebozán é de traza sinxela e conserva no interior interesantes tallas de escultura popular.
Festas [editar]
Celebra festas na honra de Santiago, San Cristovo e as Dores.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Lebozán [editar]
| Lugares da parroquia de Lebozán no concello de Lalín (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Bustelo | Carrofeito | A Castiñeira | A Ermida | O Espiño | Lebozán | Samprizón |