Lalín Arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°39′33″N 8°07′04″O / 42.659303154945, -8.1177655885561

Exterior do Lalín Arena.

O Lalín Arena é un moderno complexo polideportivo e termal da localidade de Lalín, inaugurado o 15 de outubro do ano 2010[1]. Serve de feudo ao Club Balonmán Lalín.

Instalacións[editar | editar a fonte]

As instalacións constan de:

  • Un pavillón con 2 pistas multiúsos de parqué, homologadas para a práctica de fútbol sala, baloncesto ou balonmán. A súa estrea levouse a cabo o 27 de outubro de 2010 cun encontro oficial entre as seleccións de balonmán de España e Lituania, válido para a fase clasificatoria do Campionato de Europa.[2] A capacidade das bancadas do pavillón é de 2000 persoas, o que fai del un dos 10 maiores de Galicia.
  • 2 pistas de pádel acristaladas e cubertas, de céspede artificial.
  • 4 salas de ximnasia.
  • Un complexo termal equipado con jacuzzis, hidromasaxes, baño turco, sauna etc.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]