Rodís, Lalín
| Rodís | |
|---|---|
| Igrexa de San Xiao de Rodís. | |
| Concello | Lalín |
| Área | 2 km² |
| Poboación | 113 hab. (2011) |
| Densidade | 56,5 hab./km² |
| Entidades de poboación | 6 |
San Xiao de Rodís é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 113 habitantes (58 mulleres e 55 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 140 habitantes. Situada na confluencia dos ríos Cello e Arnego, linda con Cangas, parroquia da que antes formaba parte.
Índice |
Patrimonio [editar]
A igrexa de San Xiao de Rodís é románica, e conserva a súa estrutura orixinal: corpo de pedra, ábsida rectangular, porta principal con arco sobre columnas e lateral con lintel pentagonal e arco triunfal. Só o campanario barroco e a sancristía son posteriores. Nos capiteis aparecen representadas cunchas de peregrino.
A principios do século XVIII púxose en marcha na parroquia unha industria papeleira que funcionou ate finais do século XIX. O esqueleto da nave segue en pé. Ao seu carón medra unha árbore de incenso.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Rodís, Lalín.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Rodís [editar]
| Lugares da parroquia de Rodís no concello de Lalín (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Os Chaos | O Muíño | Raña | Rodís da Igrexa | Rodís do Cabo | Rodís do Medio |