Glicemia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa ciencia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa ciencia que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
A glicemia indícanos a taxa de glicosa no sangue. A glicemia normal establécese entre 0,8 e 1,1 gramos/litro.
Esta taxa vén regulada polo fígado e polo páncreas. A glicosa almacénase no fígado en forma de glicóxeno e cando o índice de glicemia baixa, unha enzima encárgase de transformar o glicóxeno en glicosa e liberala no torrente sanguíneo. Cando os niveis de glicosa no torrente sanguíneo son altos unha hormona, a insulina, segregada polo páncreas, axuda a que as células capten glicosa. No momento da contracción muscular, os músculos esixen glicosa e o fígado libéraa no torrente sanguíneo para que chega ás células musculares.