Hormona liberadora da tirotropina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A TRH é un tripéptido ((piro)Glu-His-Pro-NH2).

A hormona liberadora da tirotropina (TRH, thyrotropin-releasing hormone ou TSHRH), tamén chamada factor liberador da tirotropina (TRF), tiroliberina ou protirelina, é unha hormona peptídica hipotalámica de só tres aminoácidos, que estimula a liberación na adenohipófise ou pituitaria anterior da hormona estimulante da tiroide (ou tirotropina) e da prolactina. É unha hormona trópica, xa que actúa sobre outra glándula endócrina. A TRH pertence á unha famila na que están incluídas varias TRH.

Produción[editar | editar a fonte]

Sistema das hormonas tiroideas T3 e T4. [1]

A TRH prodúcese no hipotálamo polas neuronas parvocelulares do núcleo paraventricular [2] [3] [4]. Está codificada por un xene do cromosoma 3 (locus 3 q13.3-q21). O primeiro transcrito do xene é un polipéptido precursor de 242 aminoácidos que contén 6 copias da secuencia -Glu-His-Pro-Gly-, flanqueadas por secuencias dibásicas que son despois procesadas proteoliticamente para dar a TRH madura.

A TRH é un tripéptido de 359,5 daltons coa secuencia: (piro)Glu-His-Pro-NH2.

Viaxa desde a eminencia media á adenohipófise por vía sanguínea utilizando os vasos do sistema portal hipofisario. Unha vez na adenohipófise, estimula nas células tirotropas a liberación da hormona estimulante da tiroide ou tirotropina (TSH) [5] e cando está nun nivel excesivo inhibe a dopamina, a cal estimula a liberación da prolactina, e esta á súa vez fai decrecer a GnRH.

A TRH pode tamén detectarse noutras áreas do corpo, como o sistema gastrointestinal e os illotes de Langerhans do páncreas, ademais de no cerebro.

A TRH estimula a liberación de tirotropina (TSH) ao unirse aos receptores específicos para ela da membrana plasmática das células hipofisarias. Trátase dun receptor acoplado á proteína Gq,[6] que determina o incremento do calcio citoplasmático libre, o que facilita a secreción de TSH. Ademais, estimula a formación do ARNm que codifica para a prolactina (PRL).

Historia[editar | editar a fonte]

A secuencia da TRH foi determinada por Roger Guillemin e Andrew V. Schally en 1969, que a sintetizaron. [7][8] Ambas as partes insistiron en que os seus laboratorios determinaron a secuencia primeiro. [9]

Schally e Guillemin compartiron en 1977 o premio Nobel de Medicina "polos seus descubrimentos sobre a produción de hormona peptídica no cerebro." [10] [9]

Importancia clínica[editar | editar a fonte]

Utilízase en farmacoloxía (nome comercial Relefact TRH) nas probas para comprobar a resposta da adenohipófise.

Preparacións médicas de TRH utilízanse en probas de diagnóstico de trastornos da tiroide e na acromegalia.

A proba da TRH pode estar indicada en casos de hipotiroidismo.

A TRH foi usada clinicamente para o tratamento da dexeneración espiñocerebelar e trastornos da consciencia en humanos. [11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. References used in image are found in image article in Commons:Commons:File:Thyroid_system.png#References.
  2. Taylor T, Wondisford FE, Blaine T, Weintraub BD (January 1990). "The paraventricular nucleus of the hypothalamus has a major role in thyroid hormone feedback regulation of thyrotropin synthesis and secretion". Endocrinology 126 (1): 317–24. DOI:10.1210/endo-126-1-317. PMID 2104587.
  3. de Greef WJ, Rondeel JM, van Haasteren GA, Klootwijk W, Visser TJ. Regulation of hypothalamic TRH production and release in the rat. Acta Med Austriaca. 1992;19 Suppl 1:77-9. [1]
  4. Eduardo A. Nillni. Regulation of the Hypothalamic Thyrotropin Releasing Hormone (TRH) Neuron by Neuronal and Peripheral Inputs. Front Neuroendocrinol. 2010 April; 31(2): 134–156. [2]
  5. Bowen R (1998-09-20). "Thyroid-Stimulating Hormone". Pathophysiology of the Endocrine System. Colorado State University. http://www.vivo.colostate.edu/hbooks/pathphys/endocrine/hypopit/tsh.html. Consultado o 2009-03-04.
  6. Sun Y, Lu X, Gershengorn MC (2003). Thyrotropin-releasing hormone receptors -- similarities and differences.. pp. 87-97. PMID 12683933.
  7. Boler J, Enzmann F, Folkers K, Bowers CY, Schally AV (November 1969). "The identity of chemical and hormonal properties of the thyrotropin releasing hormone and pyroglutamyl-histidyl-proline amide". Biochem. Biophys. Res. Commun. 37 (4): 705–10. DOI:10.1016/0006-291X(69)90868-7. PMID 4982117. http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/0006-291X(69)90868-7.
  8. Burgus R, Dunn TF, Desiderio D, Guillemin R (November 1969). "[Molecular structure of the hypothalamic hypophysiotropic TRF factor of ovine origin: mass spectrometry demonstration of the PCA-His-Pro-NH2 sequence]" (en French). C.R. Hebd. Seances Acad. Sci., Ser. D, Sci. Nat. 269 (19): 1870–3. PMID 4983502.
  9. 9,0 9,1 Woolgar, Steve; Latour, Bruno (1979). "Chapter 3: The Case of TRF(H)". Laboratory life: the social construction of scientific facts. Sage Publications - Thousand Oaks. ISBN 0-8039-0993-4.
  10. "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 1977". NobelPrize.org. http://nobelprize.org/nobel_prizes/medicine/laureates/1977/index.html. Consultado o 2009-03-04.
  11. Zhang J, Watanabe Y, Yamada S, Urayama A, Kimura R (2002). "Neuroprotective effect and brain receptor binding of taltirelin, a novel thyrotropin-releasing hormone (TRH) analogue, in transient forebrain ischemia of C57BL/6J mice". Life Sci. 72 (4–5): 601–7. DOI:10.1016/S0024-3205(02)02268-3. PMID 12467901.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]